CALVO XIRIA 30 – C. BOYA CAMARIÑAS 23

10/12/2006 CALVO XIRIA 30 – C. BOYA CAMARIÑAS 23
Calvo Xiria: Iván, Hernán (1), Fernando (6), Cuco, Cristophe (1), Aitor (3) e Alberto Salgado (6)– equipo inicial – Quique, Pablo (6), Chimpo (3), Joaquín (4), Pombo, Queco e Manuel .
Conservas Boya Camariñas: Cristian, Jota (2), Borja (9), Juan Ramón (1), Fabián (2), José Ramón (2) e David – equipo inicial – Miguel, Bruno (2), Enrique, Alberto (1), Anxo, Joaquín e Alan (4).
Árbitros: Eduardo Piñón e Pablo Goitia. Mal.
O Calvo Xiria acadou unha nova victoria fronte ao Camariñas en encontro pertencente á 12ª xornada de Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 10-14 a favor dos camariñáns. Os árbitros reflexaron na acta un marcador de 29-24 a favor do Calvo Xiria.

Calvo Xiria e Camariñas comezaron o partido con moita igualdade e alternando ataques efectivos nos primeiros dez minutos do choque. A partir de aí, o Camariñas comezou a abrir unha pequena brecha no marcador, producto da súa maior intensidade defensiva e aproveitando os numerosos erros e imprecisións no ataque estático dos locais. Así, os visitantes chegaban ao descanso cun marcador favorable de 10-14, cun espléndido Borja abanderando a victoria parcial do seu equipo.

A faciana do Calvo Xiria mudou na reanudación e o xogo colectivo comenzou a funcionar por enriba das accións individuais. O equipo de Marcos Rodríguez non tiña problemas para concluír os seus ataques con éxito, mentres que a magnífica aportación de Quique na portería provocaba que, antes dos dez primeiros minutos, o Calvo Xiria igualara o encontro. Pese a todo, o partido non deixaba ver moita calidade por ambos bandos, mandando máis a intensidade típica dos derbis que o xogo en si. A esta faceta contribuíu notablemente a actuación dos colexiados Piñón e Goitia, que quixeron ser protagonistas do derbi sinalando ata 23 exclusións (12 para o Xiria e 11 para o Camariñas), con tarxetas vermellas para os locais Fernando Vázquez e Cuco e os visitantes Miguel e Jota.

Producto da maior agresividade do Calvo en defensa e das exclusións que padeceu, o Camariñas comenzou a ter serios problemas en ataque, situación que aproveitaron os locais para ir adquirindo unha pequena renda no marcador ao seu favor. O equipo de Marcos Rodríguez soubo xogar mellor que o seu rival en inferioridade numérica e, grazas a aportación de Pablo, Chimpo e Joaquín, conseguiu situarse con catro goles de vantaxe a falta de catro minutos para o final. O Camariñas arroxou entón a toalla, situación que aproveitou o Calvo Xiria para conseguir unha ampla diferenza ao final do choque, quizais demasiado exaxerada dada a igualdade que houbo no partido. O parcial de 20-9 da segunda metade, eso si, deixa ben ás claras a superioridade dos locais na reanudación.

A nota negativa do choque foi a lesión de Alberto Salgado quen, nos últimos minutos, sufriu unha escordedura de nocello que pode facer que sexa baixa para o seguinte compromiso do Xiria en Ribadavia.