Crónica do Calvo Xiria – Vitaldent Pontevedra
Manuel Rey / 26 Marzo 2014
Calvo Xiria 30 – Vitaldent Pontevedra 19
Calvo Xiria 30 (14+16): Iago [p], Ramón (2), Sergio (3), Zas (4), Gonzalo (4), Brais (2), Manuel (3) – equipo inicial- Zúpez [p], Calvete (2), Martín (4), Iván (1), Javier (2), Rubén, Jorge (3).
Vitaldent Bm. Pontevedra 19 (7+12): Pablo [p], Jorge, Fernando (6), Alberto (3), Daniel, Jaime (1), Pillo (1) – equipo inicial – Ángel (5), Urtaza, Javier (3).
Preto de 400 seareiros no Vila de Noia.
Colexiados: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López do colexio galego. Excluíron aos xogadores locais Manuel (4´), Ramón (6´e 40´), Brais (29´), Javier (52´) e ao adestrador Marcos Rodríguez (18´). Polo bando visitante excluíron a Jorge (10´, 18´e 33´), Javier (20´), Jaime (29´e 45´) e Alberto (54′)
Marcador: 4-2, 4-2, 7-3, 10-4, 11-5, 14-7 (descanso); 16-7, 20-11, 22-13, 24-15, 27-18, 30-19 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 4 / 6 ### Vitaldent Bm Pontevedra: 2 / 4
Nova vitoria do Calvo Xiria na súa carreira por manter a segunda praza da liga de 1ª Estatal, nun partido marcado pola intensidade defensiva carballesa que deixou ao equipo do Bm Pontevedra en 19 goles.
Defensa e portería foron as claves dun partido no que se plasmou a diferenza na clasificación entre os dous conxuntos. Dende o asubío inicial o conxunto visitante tivo moitas dificultades para poder achegarse á liña de seis metros que defendían os carballeses o que provocaba unha mala selección de lanzamento facendo máis doado o traballo de Iago e Martín baixo os paus.
A pesares das inxustas exclusións nos primeiros minutos de Manuel e Ramón o bloque local mantivo o seu nivel defensivo e deixoulle ben ás claras ao seu rival que desta volta non ía tirar proveito algún do encontro. So a mala definición nalgunhas accións de lanzamento impediron que o Calvo Xiria chegase ao tempo de lecer cunha vantaxe maior. O segundo acto sobrou totalmente e so serviu para que os carballeses ampliaran a súa diferenza no electrónico ante un rival que intentou diferentes defensas para poder entrar no partido pero ningunha delas deu o froito agardado.
A vindeira xornada enfrontaranse o Calvo Xiria e o Seis do Nadal, terceiro clasificado e perseguidor do conxunto carballés, nun partido que determinará quen queda con opcións de acadar definitivamente a segunda praza que da acceso á fase de ascenso. Será o sábado ás 18:30 horas no pavillón vigués de Coia.