Goldie Xiria 26 – BM Lalín 21

Crónica do Goldie Xiria 26 – BM Lalín 21
Manuel Rey / 26 Marzo 2014
GOLDIE XIRIA 26 – BM LALIN 21 (13-10)

GOLDIE XIRIA 26 (13): Lucía e Brenda (p), María 4, Raquel, Juana 11, Adriana 1, Marta 7, Jéssica 3 (equipo inicial) Cris, Isa, Tamara, Zeltia, Natalia e Manón.

BM LALIN 21 (10): Varela(p), Lopez 7, Belén 4, Froiz 1, Cortizo 2, Reza 2, Penalta 1 (equipo inicial) Fernández 1, González 1, Abuín e Ferreiro.

Arbitraron: Pablo González e Gabriel Folgoso, excluiron a Marta, María e Jéssica polo Xiria, e a Varela, Gonzalez e Belén polo Lalín.

24ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

Sábado, 22 de Marzo 2014 , Pavillón Vila de Noia, 150 persoas

Sairon a pista motivadas e con moitas gañas as xogadoras do Goldie Xiria ante un Bm Lalín que o intentou ata o remate final. A defensa 5.1 do Xiria daba unha ventaxa momentanea as locais que cobraban distancia no marcador ata que o equipo visitante se amoldou e os seus laterais conquerían fáciles lanzamentos, o que igualou o partido, na recta final da primeira metade o Xiria frenou as embestidas do rival e con bo xogo de ataque, situabase con 13 a 10. Na segunda metade as combinacións de ataque unidas a intensidade defensiva amosaron un Xiria superior que controlou o marcador e ao seu rival, ao cal, con esta vitoria, supera momentaneamente na clasificación a falla de tan so duas xornadas para o remate da Liga.

A vindeira semana o Goldie viaxará a Salceda de Caselas, será o domingo as 12,30 da mañá.