CALVO XIRIA 31 – BM ARTAI POIO 20

07/10/2006 CALVO XIRIA 31 – BM ARTAI POIO 20
Calvo Xiria: Quique, Hernán, Fernando (9), Queco, Cristophe (3), Aitor (3) e Javi Zas (5)– equipo inicial – Iván, Pablo (5), Cuco (2), Manuel e Pombo (4).
BM Artai Poio: Cristian, Víctor (2), Miguel Martínez (3), David, Miguel Torres (4), Fernando (6) e Isaac (2) – equipo inicial – Felix, Miguel (1), Alexis, Enrique (1), Iago (1), Óscar e David.
Árbitros: Eduardo Piñón e Pablo Goitia. Mal.
O Calvo Xiria voltou á senda da victoria tras derrotar con contundencia ao Artai Poio en encontro pertencente á 3ª xornada de Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 15-9.

O Artai Poio só aguantou os primeiros quince minutos de partido ante un Calvo Xiria que saltou á cancha demasiado frío. O partido foi igualado ata o 8-8 que reflexaba o marcador no ecuador do primeiro tempo, cun Calvo que daba demasiadas facilidades defensivas a un rival que demostraba, pese a todo, por qué aínda non puntuara na categoría. Foi entón cando os carballeses comezaron a defender e a abrir unha pequena brecha no marcador. Os lanzamentos de Fernando Vázquez, a contundencia de Cristophe e as intervencións de Iván na portería, que sustituiu a un desacertado Quique, propiciaron que a o descanso os de Marcos Rodríguez se foran cunha vantaxe de seis goles aos vestiarios. O adestrador carballés só puido contar con 12 xogadores, xa que ás baixas xa sabidas de Chimpo, Mario e Dubra –estes dous últimos deixaron o equipo esta semana- , uniuse a de Alberto Salgado, convocado co OAR de A Coruña.

O Calvo Xiria non tivo problema para aumentar a vantaxe no luminoso durante a reanudación, pese a contar cunha pésima arbitraxe que derivou en dez exclusións para os carballeses, a maioría excesivamente rigorosas. Pese a xogar en inferioridade moitos minutos, un inspiradísimo Pablo soubo sacar partido das deficiencias defensivas dos visitantes e rompeu unha e outra vez a defensa rival con precisas penetracións. O xogador carballés foi do más sobresaínte da segunda metade, ao igual que Javi Zas e Pombo, que contribuíron cos seus goles a lograr a segunda victoria da tempada para o Calvo Xiria. O equipo carballés vai mellorando pouco a pouco as súas prestacións defensivas e afronta con moral os vindeiros dous partidos que xogará lonxe da casa.

O vindeiro compromiso será fronte ao Teucro a domicilio, partido que se xogará o xoves, 12 de outubro, en Pontevedra con horario aínda por confirmar.