Toni García, adestrador do infantil Femenino

A sección de balonmán da AD Xiria ven de confirmar a fichaxe de Toni García como novo adestrador do equipo Infantil Feminino, Escola de Balonmán Xiria. Ademáis, Toni García realizará outras tarefas relacionadas co traballo das categorías base do clube. Toni García xa formara parte da disciplina do Xiria e, á súa etapa como xogador, sucedeu unha nova como adestrador do primeiro equipo. Con el no banquillo, o Calvo Xiria acadou o ascenso a Primeira Estatal. Logo da súa longa traxectoria no Xiria, emprendeu unha nova etapa coa fundación do Balonmán Carballo, equipo que presidiu e adestrou os últimos anos. Agora volta ao Xiria para dirixir ao equipo infantil feminino e desenvolver un traballo específico coas categorías de base. Complétase así o organigrama técnico do club para esta campaña.