CALVO XIRIA 32 – BM CISNE 37

XORNADA 14

19/12/2009 CALVO XIRIA 32 – BM CISNE 37
Calvo Xiria 32 (16+16): Kike (p, 15 paradas), Cuco (3), Chimpo (5), Pablo (13/ 4 de 7m.), Iván (1), Alberto (6), Jesús (2) -equipo inicial- Iago (p), Ramón, Ángel, Christophe (1) e Álex Zas (1).

Balonmano Cisne 37 (15+22): Pablo Galán (p, 9 paradas), Alberto Santiago (3), Fabián González, Alberto Casares (7), Pablo Domínguez (3), Pablo Novás (12/ 4 de 7m.), Bruno Domínguez (4) -equipo inicial- Toño (p, 5 paradas), Fernando Rey (5), Jorge Panero, Pablo Picallo (2), Javier Suárez, Aguión (1) e Cima (p).

Colexiados: Fernando Eiras Abalde e Tatiana González Carvallo (Galicia). Excluíron a Ramón (min.6 e 49), Iván (min. 23 e 29), Alberto (min.55), Cuco (min. 33 e 55) e Chimpo (min.57) polos locais; e a Bruno Domínguez (min. 13), Pablo Domínguez (min. 7, 29 e 37), Pablo Novás (min. 42 e 45) e Aguión (min. 47) polos visitantes.

Parciais: 2-2, 3-6, 7-8, 10-9, 12-13, 16-15 (Descanso) 18-18, 24-22, 27-26, 28-29, 29-32, 32-37 (Final).
Primeiro tempo: 0-1 (Novás), 1-1 Pablo), 2-1 (Pablo), 2-2 (Novás), 2-3 (Casares), 3-3 (Pablo), 3-4 (Novás), 3-5 (Pablo Domínguez), 3-6 (Novás), 3-7 (Pablo Domínguez), 4-7 (Chimpo), 5-7 (Pablo), 5-8 (Casares), 6-8 (Iván), 7-8 (Álex), 8-8 (Cuco), 8-9 (Novás), 9-9 (Pablo), 10-9 (Pablo), 10-10 (Bruno Domínguez), 10-11 (Novás/ de 7 m.), 10-12 (Aguión), 11-12 (Chimpo), 12-12 (Alberto), 12-13 (Bruno Domínguez), 13-13 (Christophe), 14-13 (Alberto), 14-14 (Bruno Domínguez), 15-14 (Pablo/ de 7m.), 15-15 (Novás/ de 7 m.), 16-15 (Alberto).
Segundo tempo: 17-15 (Cuco), 18-15 (Alberto), 18-16 (Alberto Santiago), 18-17 (Novás/ de 7m.), 18-18 (Casares), 18-19 (Novás), 19-19 (Pablo), 19-20 (Pablo Domínguez), 20-20 (Chimpo), 21-20 (Jesús), 21-21 (Alberto Santiago), 22-21 (Cuco), 23-21 (Alberto), 24-21 (Chimpo), 24-22 (Rey), 25-22 (Pablo/ de 7m.), 25-23 (Casares), 26-23 (Pablo/ de 7m.), 26-24 (Rey), 27-24 (Chimpo), 27-25 (Casares), 27-26 (Novás), 27-27 (Alberto Santiago), 27-28 (Bruno Domínguez), 28-28 (Pablo/ de 7m.), 28-29 (Picallo), 28-30 (Casares), 28-31 (Rey), 28-32 (Novás), 29-32 (Pablo), 29-33 (Novás/ de 7m.), 29-34 (Rey), 30-34 (Pablo), 30-35 (Picallo), 31-35 (Jesús), 31-36 (Casares), 31-37 (Rey), 32-37 (Alberto).
7 Metros: Calvo Xiria: 6/4 ### Balonmano Cisne: 4/4
Xusto antes do parón de Nadal estreábase a segunda fase da liga en Primeira División Estatal de Balonmán e o Calvo Xiria non puido agasallar a súa afección cunha nova vitoria. Nun partido un tanto atípico, marcado polos refachos no xogo e as alternativas no luminoso, os xogadores de Marcos Rodríguez nunca conseguiron amosar o seu verdadeiro potencial e caeron finalmente derrotados ante o Cisne Grupo Pirsa de Pontevedra por 32-37.

Os xogadores carballeses comezaron un chisco descentrados e faltos de intensidade. Aínda que remontaron o gol inicial do Cisne e colocáronse cun 2-1 favorable, axiña permitiron aos visitantes acadar un renda de catro goles (3-7), que obrigou ao adestrador local a pedir un oportunísimo tempo morto no minuto dez. A reacción non tardou en chegar e mediada esta primeira parte os verdinegros, ben custodiados por Kike na portería, conseguiron igualar a contenda (8-8). Seguiron sucesivas alternativas no taboleiro de marcas, sendo a máis ampla de dous goles, no minuto vintedous, cando o Cisne gañaba por 10-12. Entón o Xiria cambiou a unha defensa 5/1 que lle permitiu recuperarse, e a pesar de que desperdiciou varias situacións de ataque sen nin sequera lanzar a portería, conseguiu chegar ao descanso co favorable resultado de 16-15.

O Xiria comeza a segunda parte cun home menos, pero isto non é óbice para que acade unha renda de tres goles (18-15) que axiña é neutralizada polos pupilos de Milucho que, desta vez si se aproveitan dunha nova exclusión, e ata conseguen poñerse un arriba, mercé a un gol fantasma de Pablo Novás pouco despois do minuto trinta e cinco. Seguen uns momentos nos que o Xiria vai renacer. Pablo Domínguez sofre a terceira exclusión e os locais cunha mixta sobre Alberto Santiago conseguen, unha vez máis, distanciarse no electrónico. Os de Carballo mandan por 24-21 no minuto dez e manteñen esa vantaxe ata pouco antes de chegar ao ecuador deste segundo acto cando Chimpo, cunha gran penetración, sobe o 27-24 ao taboleiro de marcas. As cousas semellaban poñerse definitivamente de cara para o Xiria; pero todo foi un espellismo. A partir deste momento, cun inspirado Toño que acababa de relevar a Galán na portería, a defensa visitante comeza a funcionar á perfección e os de Carballo atáscanse en ataque. O Cisne consegue asinar un parcial de 1-8 e sitúase cun favorable 28-32 a falta de sete minutos para o remate. Os rapaces de Marcos Rodríguez non deron o partido por perdido pero nesta ocasión a milagre non se produciu e os pontevedreses acabaron gañando por un contundente 32-37.