IFECGÁS PEREIRA XIRIA 36 – BALONMÁN LALÍN 26
Ifecgás Pereira Xiria 36 (17+19): Naya, Brais (6), Zas (13), Miguel (7), Iago (6), Jorge Viñas (2), Dani (1) –equipo inicial- Bisbi, DavidGarcía, Martín, Cristian (1), Antón, David Álvarez, Adrián.…
Ifecgás Pereira Xiria 36 (17+19): Naya, Brais (6), Zas (13), Miguel (7), Iago (6), Jorge Viñas (2), Dani (1) –equipo inicial- Bisbi, DavidGarcía, Martín, Cristian (1), Antón, David Álvarez, Adrián.
Balonmán Lalín 26(8+18): Iván, Uxío (4), Iago, Álex (7), José, Rodrigo (4), Manuel (5) –equipo inicial- Martín (2), Rubén (1), Adrián, Óscar (3), Ramón, Antonio.
Colexiado: Manuel Docampo.
11ª xornada de liga de División de Honra Xuvenil e importantísimos eran para os carballeses os dous puntos que había en xogo para tentar alonxarse dos postos de descenso.O partido disputouse no pavillón Bergantiños nunha xélida mañá na que os termómetros se situaban por baixo dos cero grados. O equipo visitante era o Balonmán Lalín, sétimo clasificado con catro puntos máis que os de Carballo.
Foron os locais os que levaron a dianteira no marcador dende o inicio do partido, con unha intensidade aceptable que se viña reclamando dende o inicio da competición. Os bergantiñáns amosáronse moi superiores en todas as fases do xogo e así puideron retirarse o vestiario ao remate da primeira metade con unha importante diferenza no marcador, 17-8.
Na segunda parte, os locais baixaron a súa intensidade, sobre todo en tarefas defensivas, e isto propiciou un toma e daca constante e un parcial nesta segunda metade de 19-18, mostra suficiente da inexistencia das defensas nas dúas áreas. O 36-26 final da un pouco de respiro aos carballeses que non podían permitirse outro erro, máxime despois da derrota esta mesma xornada do Rasoeiro en Ourense que apreta moito máis a clasificación na zona baixa.
O próximo encontro que disputará o Ifecgás Pereira será o próximo martes, día 22 ás 19.00 h, no pavillón da Zona Escolar fronte ao Balonmán Cangas. Este partido pertence á 5ª xornada e fora aprazado no seu día. Outros dous decisivos puntos en xogo posto que ambos equipos están igualados na clasificación.