Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 32 – BM CISNE GRUPO PIRSA 33

XORNADA 17 31/01/2009 CALVO XIRIA 32 – BM CISNE GRUPO PIRSA 33 Calvo Xiria 32 (18+14): Quique, Cuco (4), Ángel, Jesús, Pablo (3), David (16), Dubra (3) -equipo inicial- Iago,…

XORNADA 17

31/01/2009 CALVO XIRIA 32 – BM CISNE GRUPO PIRSA 33
Calvo Xiria 32 (18+14): Quique, Cuco (4), Ángel, Jesús, Pablo (3), David (16), Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Iván (3), Chimpo (1), Bruno, Manuel e Gonzalo (1).

Bm Cisne Grupo Pirsa 33 (19+14): José, Fernando (7), Jorge (1), Pablo (5), Javier (3), Carlos (8), Alberto (2) -equipo inicial- Alberto, Mera (1), Cimadevilla, Fabián, Xosé (6).

Colexiados: Sr. Portela e Sra. González, unha non se enterou de nada e o outro só do que quixo.

Parciais: 2-3, 5-6, 9-10, 11-13, 15-16, 18-19, 20-22, 22-24, 27-27, 27-29, 30-30, 32-33

Partido correspondente a 17ª xornada da liga de 1ª Estatal masculina que enfrontou a Calvo Xiria e Bm. Cisne no Pavillón da Zona Escolar de Carballo e que rematou coa derrota dos locais por un só gol de diferenza, o mesmo que xa reflectía o marcador no descanso cun parcial de 18 – 19.

Non fixeron un bo papel defensivo ningún dos dous equipos durante os primeiros trinta minutos nos que os ataques remataban sempre en cómodos lanzamentos para desesperación dos porteiros que non tiñan practicamente axuda para facer algo positivo. As transicións rápidas, case sempre despois de saque rápido de centro, e a fluidez dos ataques foron o máis salientable deste período. Por parte carballesa tamén mención especial merece o debut na categoría de Iván Amarelle, autor de tres tantos, xogador aínda de categoría xuvenil. Nos primeiros trinta minutos o mando no marcador sempre correspondeu ao Cisne que dispuxo de vantaxes de entre un e tres goles.

A segunda metade supuxo un incremento das prestacións defensivas dos dous equipos e con elas da aportación dos gardametas. O partido entrou nunha fase de máxima igualdade con diferenzas mínimas no marcador a prol dos dous conxuntos. Chegouse deste xeito aos derradeiros cinco minutos nos que se produciron dúas exclusións, unha por equipo. O conxunto que mellor proveito sacou desta situación foi o Cisne e conseguiu levarse os dous puntos.

Deste xeito o Calvo está nunha situación cada vez máis complicada, mais mantendo a dinámica dos derradeiros trinta minutos e confiando máis nas súas opcións de seguro que retomará a senda da vitoria nos seus próximos enfrontamentos.