Procasa Xiria 28 (12+16): Oscar, Cristian (6), Marc (6), Alberto (3), Alberte (1), Marco (1), Jorge (2) -equipo inicial- Iván (3), Enrique (1), Manuel (5),Miguel.
EM Camariñas 23 (12+11): Jorge, Eusebio (2), Jaime (3), Ismael (1), Fabio (6), Ángel (8), Iván (3) -equipo inicial- Víctor, Dani, Adrián, Micael. .
Colexiados: Iago Lavandeira e Brais Puñal. Fixeron unha boa arbitaxe.
Derbi na cuarta xornada do Campionato Territorial Infantil que enfrontaba a carballeses e camariñáns no Pavillón da Zona Escolar e que se saldaba cun trunfo para os locais por 28-23.
O Procasa Xiria, formado por xogadores alevíns e infantís de primeiro ano, moitos dos cales comezaron a xogar ao balonmán este pasado verán), deixou na pista carballesa mostras da súa mellora, caracter competitivo e loita, facendo un excelente encontro. O Procasa fíxose dono do xogo dende o inicio e estivo mandando no marcador na maior parte do primeiro tempo, aínda que con curtas vantaxes. A maior forza e antropometría dos xogadores de Camariñas nas accións de un contra un facía que o encontrro remátase en táboas no descanso, 12-12. Os de Carballo facían unha defensa moi arriba con unha alta intensidade que non deixaba pensar aos visitantes e no ataque posicional mostraban un amplo sentido nos desmarques sen balón.
O partido era moi atractivo e as bancadas estaban a vibrar cos nosos noveis xogadores, máis se cabe na segunda metade, onde os carballeses poñían terra de por medio e conseguían a sua maior vantaxe do encontro e que xa non abandonarían ata o pitido final. Ao remate, un satisfactorio 28-23 e sobre todo ver a progresión destes rapaces que de seguir así poden alcanzar grandes retos no noso balonmán.
