CALVO XIRIA 33 – ULE ADEMAR 28

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 11
03/12/2011 CALVO XIRIA 33 – ULE ADEMAR 28
Calvo Xiria 33 (15+18): Iago[p], Ramón, Alex García, Ángel, Dubra (2), Jesús (2), Manuel (5) -equipo inicial- Naya[p], Pablo (15, 6 de 7 metros), Sergio (3), Miguel (4), Alex Zas (2).

ULE Ademar 28 (12+16): Jacob, Alberto (5, 1 de 7 metros), Piñeiro (7, 3 de 7 metros), Andoni (2), Iñigo (6), Jadim (3), Borja Trujillo (1) -equipo inicial- Iván [p], Daniel, Diego, Adrián, Borja Villarroel (2), Goñi (1), Mario (1).

Colexiados: Sergio Rodríguez Estevez e Andrés Rosendo López. Excluíron ao locais Sergio (15´), Ramón (35´e 44´), Pablo (39´) e Manuel (51´), tamén aos xogadores visitantes Piñeiro (21´), Alberto (36´), Borja Trujillo (52´) e Jadim (25´).

Marcador: 3-1, 4-3, 7-6, 11-8, 13-10, 15-12 (descanso); 17-12, 21-14, 22-16, 27-19, 30-23, 33-28 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 6 / 6 ### ULE Ademar: 4 / 7
Calvo Xiria e ULE Ademar de León disputaron no Pavillón Vila de Noia o encontro correspondente á décimo primeira xornada da liga de 1ª Estatal Masculina. Xiria chegaba con moitas baixas, xa que ás xa coñecidas de Cuco, Chimpo e Brais uníanse a derradeira hora Kike e David, co cal a convocatoria dos carballeses era de tan só doce xogadores que lles tocaría lidiar co ata esta xornada segundo clasificado.

Dende o pitido inicial o Calvo foi quen mandou no marcador, impoñendo o ritmo de xogo que máis lle interesou, apoiándose para elo na faceta defensiva. En cincuenta minutos de xogo só encaixou 19 goles e unicamente a relaxación no tramo final fixo que o Ademar arranxase un pouco os números do partido. Soubo a zaga carballesa adaptarse tanto ao ataque con tres primeria liñas co que iniciou o encontro o seu rival, coma ao xogo con dous pivotes que propuxeron os leoneses como variante ao longo de moitos minutos. Co paso dos minutos a portería carballesa fíxose cada vez máis pequena para os lanzadores rivais, cunha sobresainte actuación de Iago que ata chegou a deter tres lanzamentos de 7 metros.

Na faceta ofensiva non perdeu balóns o Xiria, e foi así que os leoneses -expertos no contraataque- non tiveron prácticamente ao longo dos sesenta minutos opcións de correr. Os carballeses traballaron cada ataque ata atopar a situación óptima de lanzamento, superando todas as variantes defensivas que puxo o cadro visitante sobre a pista do Vila de Noia.

A vindeira xornada, penúltima da primeira volta, levará ao Calvo Xiria a Avilés para xogar ante un rival, o Cafés Toscaf, que crece moito no seu xogo cando se viste de local. Non vai ser doado puntuar no Pavillón Municipal “La Magdalena”, mais agardamos unha boa actuación dos carballeses para seguir cerca da parte alta da táboa clasificatoria.