Decoraciones J. Bello Xiria: 32 (14+18): Buño, Iván (5), Julián (10), Diego(3), Alberto (3), Enrique (2), Dani (6) -equipo inicial- Miguel, Lolo (3), Raúl, Jorge,Cristian.
Las Cinco Jotas Lavadores: 33(16+17): Mario, Borja (12), Aarón (6), Raul (5), Jorge (5), Noel (3 ),Iván (2) -equipo inicial- David,Sergio,Fernando,Cristobal,Pablo,Fernández,Carlos.
Colexiados: Ana Correa e Soraya Abelenda.
Partido aprazado no seu día e correspondente á cuarta xornada da liga na División de Honra en categoría cadete masculino.
O equipo J. Bello Xiria, segue a demostrar a súa progresión semana trás semana e neste caso estivo a punto de conseguir algo positivo contra un rival potente como e o Lavadores de Vigo.
A concentración no xogo mellorou moito con respecto o anterior partido en Lalín e este feito, entre outros, fixo posible que os de Xiria completaran o seu mellor encontro ata o momento e fixeran unha boa labor en todas as facetas do xogo, facendo un balonmán atractivo que namorou os moitos seareiros que se deron cita no Vila de Noia.
De calquera forma, o inicio dos de casa foi errático e titubeante, ata tal punto que o entrenador bergantiñán tivo que pedir tempo morto a pouco de comezar o envite, xa que o marcador sinalaba un preocupante 0-4. A partir dese momento, o J. Bello comezou a crecer no seu xogo pouco a pouco, a defensa comezaba a ser intensa, con moitas axudas e a portería respondía en colaboración. Na transición defensa-ataque os do Xiria eran letais e as distancias acurtábanse na retirada aos vestiarios (14-16).
Na segunda metade, os locais saíron como un ciclón, mostrando moito máis dinamismo e rapidez no xogo que no acto anterior. Isto propiciaba que aos poucos minutos xa comandaran o marcador e, aínda que con distancias curtas, asomaran a cachola por diante do equipo olívico. Nesta igualdade, foron os paus ante lanzamentos claros dos de Carballo os que desequilibraron a balanza a prol dos de Vigo (32-33), feito que non pode empañar o bo encontro efectuado polo J. Bello Xiria.
A semana que ven o Decoraciones J. Bello Xiria xogará de novo no Vila de Noia carballés contra o Balonmnán Pabellón de Ourense. O partido comezará as 10:45 h o domingo 11.
