CALVO XIRIA 35 – BALONMÁN LALÍN 35

XORNADA 9

21/11/2009 CALVO XIRIA 35 – BALONMÁN LALÍN 35
Calvo Xiria 35 (15+20): Kike (p, 5 paradas), Cuco (7), Chimpo (4), Alberto (7), Pablo (8/ 4 de 7m.), Iván (1), Jesús (1) –equipo inicial– Iago (p, 17 paradas), Ángel (1), Ramón, Christophe (3), Álex Zas (3) e Manu.

Balonmán Lalín 35 (16+19): Pablo (p, 17 paradas), Granja (5), Porto (8), Martín (7/ 1 de 7m.), M. Fernández (1), Pincho (13/ 1 de 7m.), Adrián (1) –equipo inicial– Iago (p), Sergio, Uxío, Cristian, D. Méndez, Manuel e Nico.

Colexiados: Sres Cereceda González e Frieira Cavada (Asturias). Excluíron a Cuco (min. 26 e 37), Ramón (min. 50), Álex Zas (mim. 52) e Alberto (min.52) polos locais e a Cristian (min. 9 e 27), Pincho (min.12), Porto (56) e Sergio (min.57) polos visitantes.

Parciais: 0-3, 4-6, 7-8, 10-10, 14-14, 15-16 (Descanso) 17-18, 22-22, 26-27, 28-30, 29-34, 35-35 (Final).
Primeiro tempo: 0-1 (Pincho), 0-2 (M. Fernández), 0-3 (Pincho), 0-4 (Martín), 1-4 (Jesús), 1-5 (Porto), 2-5 (Pablo/ de 7m.), 3-5 (Pablo), 3-6 (Granja), 4-6 (Chimpo), 5-6 (Alberto), 5-7 (Pincho), 5-8 (Martín), 6-8 (Christophe), 7-8 (Cuco), 8-8 (Pablo/ de 7m.), 9-8 (Iván), 9-9 (Porto), 9-10 (Martín), 10-10 (Pablo/ 7m.), 10-11 (Pincho), 11-11 (Cuco), 11-12 (Pincho/ de 7m.) 12-12 (Alberto), 12-13 (Granja), 13-13 (Cuco), 14-13 (Alberto), 14-14 (Granja), 14-15 (Pincho), 15-15 (Pablo), 15-16 (Granja).
Segundo tempo: 15-17 (Martín/ de 7m.), 15-18 (Porto), 16-18 (Cuco), 17-18 (Álex), 18-18 (Ángel), 19-18 (Chimpo), 19-19 (Pincho), 20-19 (Alberto), 20-20 (Porto), 20-21 (Martín), 21-21 (Álex), 21-22 (Pincho), 22-22 (Chimpo), 22-23 (Granja), 23-23 (Cuco), 23-24 (Porto), 24-24 (Cuco), 24-25 (Pincho), 25-25 (Christophe), 25-26 (Pincho), 26-26 (Pablo), 26-27 (Porto), 27-27 (Cuco), 27-28 (Adrián), 27-29 (Porto), 28-29 (Pablo/ de 7m.) 28-30 (Porto), 29-30 (Alberto), 29-31 (Pincho), 29-32 (Pincho), 29-33 (Martín), 29-34 (Pincho), 30-34 (Chimpo), 31-34 (Álex), 32-34 (Alberto), 32-35 (Martín), 33-35 (Alberto), 34-35 (Pablo), 35-35 (Christophe).
7 Metros: Calvo Xiria: 5 / 4 // Balonmán Lalín: 4 / 2
Cunha defensa rochosa e ben axustada que contaba co respaldo dun inspirado Pablo Pedreira na portería, axiña o partido se lle puxo de cara aos visitantes que se adiantaron no marcador cun inquietante 0-4. As ocasións iniciais marradas, incluíndo un lanzamento de sete metros que suporía o empate a uns, provocaron o nerviosismo na escuadra carballesa que tivo que agardar case seis minutos para conseguir anotar o primeiro tanto. Unha vez rota esta barreira psicolóxica os locais melloraron un pouco as prestacións, pero o Lalín cunha defensa que se aplicaba ata o límite, conseguía manter a renda de tres goles. Os dous equipos continuaron alternando fallos con accións de mérito ata que, ao bordo do minute dez, aproveitando a lesión momentánea de Pincho e favorecido por unha exclusión rival, Chimpo reduce diferenzas e coloca o 4-6 no electrónico. O Xiria, esporeado polo público, fai pasar por un mal momento aos visitantes que son penalizados con outra merecida exclusión e ata mandan fóra un lanzamento desde os sete metros. Así os xogadores de Marcos Rodríguez conseguen empatar e, pouco despois de superar o ecuador deste primeiro acto, colócanse cun 9-8 favorable. Con todo, o Lalín, cun equipo moi loitador, consegue volver a recuperar o mando con dous tantos consecutivos, o segundo deles, un gol fantasma de Martín que os árbitros fixeron subir ao luminoso (9-10). Segue unha fase na que se alternan empates con mínimas vantaxes ata que un lanzamento ao poste do propio Martín permite ao Xiria romper esta tónica e no minuto vinte e catro Alberto coloca outra vez aos de Carballo por diante (14-13). Nos últimos cinco minutos desta primeira parte os locais sufriron a exclusión de Cuco e pasaron tamén por un nova crise no xogo ofensivo, circunstancia que aproveitaron os do Deza para marchar a vestiarios cun gol arriba (15-16), que ben puideron ser dous se non fallasen unha contra nos derradeiros instantes.

Na segunda parte Iago ocupou o posto na portería carballesa e comezou de forma espectacular cunha dobre parada, primeiro rexeitando un lanzamento de sete metros de Pincho que logo completou desviándolle un segundo intento provocado polo rebote. A ledicia inicial pronto desapareceu porque ao Xiria seguían sen saírlle as cousas en ataque e os visitantes escápanse de tres (15-18). O gol tardou tres minutos, e foi Cuco o que marcou este primeiro tanto do segundo acto. Tres paradas consecutivas do meta carballés devólvenlle os ánimos ao equipo que cunha penetración de Ángel consegue empatar pouco antes do minuto trinta e seis. Na seguinte xogada os de Lalín cometen pasos e Chimpo aproveita a posesión para establecer o 19-18, última ocasión na que os xogadores locais foron por diante. O partido continuou nivelado, alternando goles nunha e noutra portería ata o minuto 15 cando Cuco marca o empate a 27. A partir deste momento o Xiria, moi nervioso por non conseguir facerse co control do partido, novamente volve a atascarse en ataque e os visitantes conseguen escaparse ata o 29-31 no minuto 52. Co Lalín atacando, Álex corta un balón co pé de xeito totalmente involuntario. Incomprensiblemente foi sancionado con dous minutos, e con el, Alberto por protestar. Os visitantes non desaproveitaron a superioridade e conseguiron aumentar a súa vantaxe, que a falta de pouco máis de cinco minutos era de cinco goles (29-34), e aínda dispuxeron de dúas clarísimas ocasións para aumentar nun gol máis. Pero, no derradeiro tramo, todo cambiou, os visitantes tiveron que xogar un minuto con dous homes menos, e o Xiria cunha vertixinosa velocidade aproveitou moi ben os seus ataques. Igualmente, a abafante presión defensiva por toda a pista, provocou a precipitación no confiado bando rival que vía como o seu lateral Pincho esnafraba un balón tras outro contra o meta carballés. No minuto vinte e nove con catorce, Pablo emociona á grada establecendo o 34-35 e a falta de 13 segundos Christophe empataba o encontro a 35. Pero o delirio final foi provocado polo gardameta Iago, que tal como empezou, terminou con outra impresionante dobre intervención que impediu a vitoria visitante.
Despois de todo o acontecido neste partido, e cando a falta de cinco minutos semellaba totalmente perdido, este punto pode valer o seu peso en ouro xa que mantén intacta a moral de xogadores e afeccionados.