SD TEUCRO MOLDES 39 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33

SD Teucro Supermercados Moldes: 39 (21+18): David, Chapela (8), Pedro (8), Álex (7), Manuel (3), Iago (2), Isaac (2) –equipo inicial- Xian (1), Axel (2), Alberto (4), Garrido, Carlos (2), Fontenla, Eric.

Ifecgás Pereira Xiria 33 (13+20): Naya, Iago (2), Zas (6), Brais (8), David Álvarez, Barreiro (3), Antón (5) -equipo inicial- David García (7), Bisbi, Martín, Miguel (2), Adrián.

Colexiados: Fernando Eiras e Antonio Moledo.

O Ifecgás Pereira Xiria viaxaba a Pontevedra para disputar contra o Teucro, cuarto clasificado, o partido da oitava xornada de liga na División de Honra Xuvenil.

O Ifecgás Pereira iniciou o encontro con moitos erros e imprecisións, que deron aos locais unha pronta e fácil renda que foron aumentando, de forma sinxela, ata o abultado 21-13 que sinalaba o electrónico ao descanso e que deixaba o partido case sentenciado. O Teucro acadou esta comoda renda sen necesidade de facer un bo xogo, chegoulle tan só con aproveitar as facilidades que lle daba o Xiria e cos seus dous laterais como estiletes principais.

No reinicio o Ifecgás Pereira Xiria loitou, con máis corazón que cabeza, e isto propiciou que os carballeses se achegaran no marcador ata os cinco goles de diferenza, xa que, nos últimos dez minutos, fixeron unha e ata dúas mixtas que deron os seus froitos e permitiron numerosas recuperacións de balón que maquillaron o resultado e permitiu que os visitantes gañaran a segunda parte cun parcial de 18-20.

O próximo encontro que disputará o Ifecgas Pereira será na casa, o vindeiro sábado, ás 10.30 h, no Pavillón da Zona Escolar, fronte á SAR de Redondela, nun partido fundamental para ambos equipos para fuxir dos postos perígosos da clasificación.