LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 1
24/09/2011 CALVO XIRIA 36 – O.A.R. CORUÑA 25
Calvo Xiria 36 (15+21): Kike [p], Jesús (5), Manu (3), Ramón, Cuco (2), David (5), Dubra (2) –equipo inicial- Iago [p], Pablo (10), Brais, Miguel (2), Sergio (3), Álex Zas, Javi Zas (4). Non puideron disputar o encontro por diversos motivos Naya, Ángel, Álex García e Chimpo.
O.A.R. Coruña 25 (12+13): Kaskón [p], Alfonso (3), Lozano (3), Couceiro (3), Pardales, Sarasola (2), Aitor (2) –equipo inicial- Casero [p], Chechu, Yoel (2), Tati, Ángel (5), Uxío (1), Flavi (4).
Colexiados: Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez. Excluíron polo Xiria a Cuco (min. 11 e 33), Manu (min. 22 e 44), David (min. 29) e Sergio (min. 52). Álex Zas foi expulsado con tarxeta vermella no min. 23. Por parte do O.A.R. foron excluídos Uxío (min. 29), Sarasola (min. 39) e Pardales (min. 42).
7 metros: Calvo Xiria 1/3 // O.A.R. Coruña 5/6
Marcador: 2 – 3, 3 – 6, 7 – 7, 9 – 8, 13 – 10, 15 – 12 (descanso); 19 – 14, 24 – 17, 27 – 19, 28 – 22, 32 – 24, 36 – 25 (final).
Estrea na nova tempada na 1ª División Estatal para un Calvo Xiria que recibía nun derbi provincial de rivalidade ao O.A.R. Coruña. Os de Carballo lograban vencer con 11 tantos de vantaxe, resultado que os coloca como primeiros líderes da táboa calsificatoria.
Non comezou ben o partido para o equipo bergantiñán que saía frío e despistado á pista da Zona Escolar, permitindo aos herculinos tomar nos primeiros compoases vantaxes de ata 3 tantos. Ademais acentuábanse os problemas de baixas do Calvo (non podían disputar este encontro Naya, Álex García, Chimpo e Ángel) coa tarxeta vermella a Álex Zas no minuto 23 deste primeiro acto do encontro. Tras un tempo morto solicitado por Marcos Rodríguez, o Xiria conseguía darlle a volta ao marcador mediada esta primeira metade e comezaba a adquirir pequenas rendas, que no intermedio se situaban en 3 goles a prol dos de Carballo, 15-12.
Na reanudación, os pupilos de Marcos aproveitaron os primeiros compases para abrir unha brecha de 5 goles, que xa foi insalvable para os coruñeses, que vían como, pouco a pouco, se ía incrementando esa renda ata o 36-25 que sinalaba o electrónico no remate do encontro.
Salientar o debut na 1ª Estatal do xogador xuvenil Miguel e a moi boa afluencia de público no pavillón carballés, ateigado de “xiriareiros” que non deixaron de dar azos aos locais durante todo o encontro.
Na vindeira xornada, dificil compromiso para o Calvo Xiria que visita a complicada pista do Bm. Inzamac Zamora, equipo que ven de gañar na cancha da Avilesina e que fixo unha excelente pretempada alzándose co trunfo na Copa de Castela e León. O encontro disputarase o sábado, ás 18.00 h no Pavillón Manuel Camba.