DECORACIONES J. BELLO XIRIA 31 – SD. TEUCRO 44
Decoraciones J. Bello Xiria: 31 (13+18): Buño, Iván (11), Enrique (1), Julián (7), Diego (3), Alberto (2), Dan i(2) -equipo inicial- Jorge, Óscar (1), Raúl (1), Lolo, Cristian (3), Miguel.…
Decoraciones J. Bello Xiria: 31 (13+18): Buño, Iván (11), Enrique (1), Julián (7), Diego (3), Alberto (2), Dan i(2) -equipo inicial- Jorge, Óscar (1), Raúl (1), Lolo, Cristian (3), Miguel.
S.D. Teucro: 44 (19+25): Santi, José (18), Miguel, Ameijeiras (5), Domínguez (3), Matías (3), Andrés (7) -equipo inicial- Martín (3), Felipe, Aitor, Rubén (5), Adrian.
Colexiado: J.María García.
O Decoraciones J. Bello Xiria, xogou o pasado venres a segunda xornada de Copa Federación contra o Teucro de Pontevedra, xornada que fora aplazada no seu día por petición do equipo visitante.
Os de Xiria comenzaban moi centrados e metidos no partido e con un ritmo moi alto de xogo, o que os levou levou a comandar o marcador ata o meridiano da primeira metade. A diferenza que chegou a conseguir o equipo local foi incluso de catro goles (9-5), pero, así que foi aparecendo a fatiga, os bergantiñáns non puideron continuar coa misma intensidade nin co xogo rápido que os levara o éxito ata ese momento. A partir do meridiano dessta parte, o Teucro impuxo a sua calidade para facer un parcial contundente e marchar aos vestiarios cunha vantaxe certamente cómoda (13-19).
Na segunda parte, as cousas non melloraron para os de Carballo. Notábase o equipo moi cansado e isto supuxo un lastre co que tiveron que loitar os trinta minutos da reanudación.A pouca defensa e o moito barullo, fixo que o xogo non fora vistoso neste tempo, máis ben un correrrúas que rematou cun parcial de 18-25.
Ao remate do encontro, o resultado de 31-44 a prol dos de Pontevedra e un Xiria co que hai que ter paciencia,xa que a maioría son xogadores de primeiro ano e teñen unha marxe moi ampla de mellora.