CALVO XIRIA 36 – O.A.R. CORUÑA 33

COPA GALICIA – 1ª ELIMINATORIA

11/09/2010 CALVO XIRIA 36 – O.A.R. CORUÑA 33
Calvo Xiria 36 (15+13+3+5): Iago [p, 6 pdas/2 de 7m], Ramón (1), Álex, Dubra (1), Borja (8), Manu (10), Jesús (2) -equipo inicial- Kike [p, 17 pdas/3 de 7m], Pablo (9 /3 de 7m), Fer (1), Álex Zas (3), Suso (1), Cristophe e Cuco.

OAR Coruña 33 (12+16+3+2): Mouriño [p, 7 pdas], M. Suárez (1), Fabián (2), Lozano (6/1 de 7m), Xosé (3), Chimpo, Joaquín (9/ 4 de 7m) -equipo inicial- Cristian [p, 4 pdas], Couceiro (2), Áitor (4), Pardales (2), Martín, Nano (3) e Salgado (1).

Colexiados: Daniel Portela e Martín R. Mondelo. Sancionaron con exclusión de dous minutos ao OAR en 3 ocasións e ao Xiria en 13. Así mesmo amosaron a vermella directa ao delegado do Xiria e a Xosé Canedo do OAR.

Parciais: Primeiro tempo: 4-1, 6-3, 9-5, 12-5, 15-7, 15-12. Segundo tempo: 18-12, 21-15, 25-19, 27-22; 27-26; 28-28. Prórroga: 31-31, 36-33.
7 metros: Calvo Xiria: : 3 / 3 # # # OAR Coruña: 5 / 10

En partido correspondente á 1ª Eliminatoría da Copa Galicia o Calvo Xiria necesitou da prórroga para desfascerse dun gran OAR que, a pesar de chegar a ir perdendo de 9, conseguiu poñerse por diante a falta de 2 minutos e a falta de un segundo para o remate mandaba no electrónico por 27-28. Os carballeses recuperaban o balón a falta de 8 segundos e na derradeira acción do partido Manu era derribado, por Miguel Lozano e Xosé Canedo, cando se dispuña a fusilar a meta visitante. O lanzamento de 7 metros era convertido por Pablo provocando que se tivese que xogar unha prorroga. Esta acción significaba tamén o cartón vermello para Xosé.

A pesar de comezar o tempo de prórroga con un home menos o acertado plantexamento de Aguirregabíria permitiu ao seu equipo escaparse de dous, pero a tremenda efectividade de Manu con 5 goles na prolongación (tantos como no resto do partido), a boa defensa carballesa e as paradas de Kike desnivelaron finalmente a balanza a favor do Xiria que acabou gañando por 36-33. Deste xeito, o conxunto carballés clasifícase para a rolda seguinte, que se xogará na derradeira fin de semana de outubro, na que se verá as caras co Balonmán Cangas de División de Honor B. Este partido tamén se disputará na pista carballesa.

O partido estivo controlado perfectamente polo equipo de Marcos Rodríguez, que chegou a manexar diferenzas no electrónico de ata 9 goles, 15-6 no min. 23 da primeira metade, pero neste último tramo da primeira parte os de Carballo non conseguían anotar provocando que se chegase ao descanso con tan só 3 goles de renda, 15-12.

Na segunda metade os carballeses volveron marcharse no marcador. No min. 48 o Xiria gañaba por 27-21, pero, de novo, neste último tramo de partido, multiples perdas de balón, unido ás exclusións, durante o partido foron 13 para o Calvo Xiria por tan só 3 do OAR, incluso os de Carballo chegaron a estar uns segundos con tan só 2 xogadores de campo máis o porteiro, provocaron que o OAR remontase o partido e se puxera por diante nos derradeiros minutos.

Debemos resaltar, a presenza de 6 xogadores ex-Xiria nas ringleiras coruñesas, e que dos 30 xogadores que participaron no encontro (14 do Xiria e 16 do OAR) 20 son orixinarios da Costa da Morte e Bergantiños (3 de Camariñas e 17 de Carballo)