VII TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO

ABC de Braga, en categoría xuvenil, e Vipecón Xiria, en categoría cadete alzáronse co título nesta 7ª edición do torneo.

Os carballeses do Vipecón facían valer os pronósticos, posto que xa derrotaran ao Maristas de Algemesí na mañá do domingo na 3ª xornada da fase de grupos por 39-32. Na final, disputada o domingo ás 4 da tarde, os do Vipecón Xiria volvían vencer aos valencianos do Maristas por un claro 31-24, nun encontro que estivo dominado en todo momento polos rapaces de Pablo Filgueira e Fernando Vázquez.

A final da categoría xuvenil disputárona o ABC de Braga e o Bm Valladolid. No encontro da xornada de mañá que enfontou a estes dous equipos impuxérase o equipo luso por 29-32, o que auguraba unha final igualada, emocionante e competida. E así foi, incluso o equipo pucelano chegou a en varios momentos do partido a enxugar eses tres goles de desvantaxe que levaban do partido da fase de grupos. Finalmente foi o equipo portugués o que se proclamou campión, vencendo na final por 32-31.

Na entrega de trofeos participaron José Antonio Viña, Tenente de Alcalde do Concello de Carballo, Francisco García Bello, Xerente do Padroado Deportivo Municipal, Carlos Pereira, de Ifecgás Pereira (un dos patrocinadores do Torneo e das Escolas de Balonmán Xiria), Salva Esquer (ex-xogador internacional en máis de 80 ocasións coa selección española de balonmán coa que foi subcampión de Europa e medalla de bronce olímpica), técnico e directivo do CB Maritas de Algemesí, e Álex Cousillas, presidente das Escolas de Balonmán Xiria.