21/04/07 CALVO XIRIA 37 – ARTAI POIO 27
Calvo Xiria (15+22) 37: Iago, Pablo (12), Ángel (3), Pombo (4), Chimpo (5), Cuco (1) e Joaquín (6) –equipo inicial- Quique, Fernando Vázquez, Hernán, Cristophe (3) e Manuel (3).
Artai Poio (12+15) 27: Félix, Manu (8), Miguel (3), Alexis (1), Miguel Martínez (5), David (1) e Conde (5) –equipo inicial- Cristian, Víctor (2) e Pou (2).
Colexiados: Vicente Otero e Ignacio Pereira. Sen compricaións.
O Calvo Xiria derrotou ao Artai Poio en encontro pertencente á rolda de cuartos de final do torneo de Copa, celebrado no Pavillón Municipal da Zona Escolar. Ao descanso, o conxunto carballés xa mandaba no marcador por 15-12.
O Calvo Xiria non atopou dificultades para derrotar ao Artai Poio, un equipo que amosou o por qué da súa clasificación na competición ligueira. Pese a que os visitantes aguantaron no marcador até o tramo final da primeira parte, a diferencia de calidade entre ambos conxuntos facía prever un encontro doado para o conxunto de Marcos Rodríguez. O Calvo Xiria saltou falto de ritmo ao partido, aínda que pronto conseguiu poñerse por diante no marcador, grazas á actuación do xuvenil Iago na portería, que suplía a Iván, aqueixado dun esguince no pulso. Os locais foron mandando desde o minuto dez con diferencias de dous e tres goles, sen moitas dificultades para anotar en ataque, aínda que o Poio se mantiña no partido grazas á falta de intensidade dos locais na parcela defensiva.
O Calvo Xiria apretou un pouco o acelerador ao comezo da segunda metade e non tardou en coller unha vantaxe de seis goles que xa sería definitiva para abortar a resistencia do Poio. Os visitantes baixaron os brazos e o maior ritmo de ataque e as saídas en contraataque dos locais bastaron para seguir abrindo unha brecha importante no marcador, até o 37-27 final. Hai que destacar o partido en ataque de Pablo, autor de 12 goles, ademais do bo facer na faceta ofensiva do xuvenil Manuel, que terminou o choque con tres goles sen faio. O partido tamén serviu para ver goles moi bonitos, como unha rosca sen ángulo de Joaquín que sorprendeu ao porteiro visitante ao pao curto. O Calvo Xiria métese así en semifinais de Copa, partido que volverá a xogar no Pavillón Municipal da Zona Escolar o vindeiro sábado.

