CALVO XIRIA 37 –RASOEIRO 20

24/02/07 CALVO XIRIA 37 –RASOEIRO 20
Calvo Xiria (18+19) 37 : Iván, Joaquín (7), Cristophe (2), Cuco (6), Pombo (3), Queco e Alberto Salgado (6) –equipo inicial- Quique, Fernando Vázquez (3), Ángel, Pablo, Hernán (2), Chimpo (7) e Manuel (1).

Rasoeiro (13+7) 20 : Solla, Carlos (1), Bruno (5), Barral (5), Jaime (1), Borja (6) e Rubén (2)-equipo inicial- Dani, Garci, Abel, Silva e Alexio.

Colexiados: José María García e Adrián Pinacho. Sen complicacións.

O Calvo Xiria volveu á senda da victoria logo de derrotar ao Rasoeiro no Pavillón Municipal da Zona Escolar, en encontro correspondente á 20ª xornada de liga en Segunda Nacional. Ao descanso, o equipo carballés xa mandaba no marcador por un claro 18-13.

O Calvo Xiria non se puido despegar no marcador ata o final da primeira parte, logo de vinte minutos no que a igualdade foi a tónica predominante. Víase que o Calvo Xiria era moi superior ao seu rival, pero a debilidade defensiva mostrada polo equipo de Marcos Rodríguez, ademais das imprecisións nos contraataques e erros desde os seis metros en situación claras de gol, permitiron ao Rasoeiro manterse no partido. Chegada a recta final do primeiro acto, o Calvo Xiria apretou un pouco os dentes en defensa e abriu unha brecha de cinco goles que xa sería insalvable para o seu rival na reanudación.

Un parcial de 10-4 ao inicio da segunda metade terminou de romper definitivamente o partido a favor do Xiria, que soubo aproveitar a velocidade no contraataque e as imprecisións dos ataques visitantes para seguir abrindo diferenzas cada vez máis amplas no marcador. A efectividade do equipo de Marcos Rodríguez nas súas accións ofensivas contrastaba coa triste estampa que deixou o Rasoeiro en Carballo, cheo de imprecisións en ataque e cunha débil defensa que facilitou moito o traballo do Calvo Xiria. Tanto Iván como Quique estiveron ben na portería do Xiria, mentres que no ataque destacaron Cuco, Joaquín e Chimpo. Bo partido tamén de Queco en defensa.