SD OCTAVIO VIGO 31 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27

SD Octavio Vigo (18+13) 31: Guzmán (1), Agustín (2), José Manuel (6) Jacobo (5), Pedro (4), Ramón (4) e David Alonso (2) –equipo inicial- David González, Javier (5), Daniel, Adrián Rivas, Andre, Pablo (1), Daniel e Luís (1).
Asesoría Sueiro Xiria (10+17) 27: Guillín, Díaz, Joaquín (14), Manuel (5), Ramón (1) e Puente (1) – equipo inicial – Iago (p.s.), Óscar (1), Juan (1), Javier, Ricardo (3) e Eloy (1).
Árbitro: José Carlos Fdez. e Marcelo Del Río. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 6ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado Pista Vermella en Vigo ás 12:30 ante 50 espectadores.

A visita á cancha do Octavio presentabase como unha ocasión para poder acadar a primeira vitoria a domicilio na Liga Galega, pero o Xiria non tivo o seu día e pagouno cunha derrota que limita moito as posibilidades dos carballeses na competición.

Tras un comezo igualado, chegaron uns minutos de imprecisións por parte de ámbos os dous equipos, cunha salvedade, o porteiro local Guzmán, que se erixiu na figura do partido. O Octavio manexou rendas de tres e catro goles durante estes minutos, pero unha incomprensible desconexión dos carballeses nos últimos cinco minutos provocou que os locais acadasen unha renda de oito goles que sería definitiva.

No segundo tempo, o Xiria saiu coa lección ben aprendida, e tras comezar cunha desvantaxe de nove tantos (21-12), remontou a base de ataques rápidos, collendo permanentemente a defensa viguesa descolocada. Cun parcial de 7-14 os visitantes tiveron incluso ocasión de poñerse a un tanto pero non puideron completar a remontada, que é o que pasa cando se xoga ao límite, calquera erro pagase caro. Destacar a actuación de Iago na segunda metadee así como a de Joaquín, que aínda que sufriu unha defensa mixta durante todo o partido anotou 14 goles.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria recibe en Carballo ao Cisne Grupo Pirsa na sétima xornada da Liga Galega.