CALVO XIRIA 38 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 25

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 13
17/12/2011 CALVO XIRIA 38 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 25
Calvo Xiria 38 (19+19): Iago[p], Ramón (2), Alex García (2), David (3) Dubra (5), Jesús (1), Manuel (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Pablo (14, 3 de 7 metros), Sergio (4), Miguel (4), Ángel (1), Alex Zas (1).

Bm. Camariñas Conservas Boya 25 (11+14): Víctor [p], Borja (8, 2 de 7 metros), Moncho (1), José Ramón (2), Fari (1), Catalán (7, 2 de 7 metros), Xavi -equipo inicial- Cristian [p], Perón (2), Pombo, Damián (1), Felipe (2), Cristian Antelo, Alan (1).

Colexiados: Fernando e Pedro Eiras Abalde do colexio galego. Excluíron aos locais Ramón (13´), Alex Zas (24´ e 34´), Alex García (27´), Jesús (34´), Manuel (40´), Ángel (49´) e tamén aos xogadores visitantes José Ramón (18´ e 23´), Fari (27´), Perón (31´, 44´ e no 44´ cartón vermello), Catalán (42´), Alan (51´)

Marcador: 3-2, 7-3, 8-3, 12-6, 15-9, 19-11(descanso); 21-14, 26-17, 28-20, 31-20, 34-23, 38-25 (final).

7 metros: Calvo Xiria: 3 / 4 ### Bm Camariñas Conservas Boya: 4 / 5
Rematou a primeira volta da liga de 1ª Estatal co derbi entre o Calvo Xiria e o Conservas Boya, que se disputou no Pavillón Vila de Noia de Carballo. Os dous puntos caeron do lado local, logo de conseguir un resultado favorable de 38 – 25, xa no descanso a balanza inclinábase a prol dos carballeses por un claro 19-11.

Os primeiros cinco minutos foron de contacto entre os dous equipos, neses intres non se sabía quen ía marcar o ritmo do partido. Pouco a pouco o Calvo asentouse na pista e chegaban os primeiros contraataques, pero sen mandar no partido do xeito que máis lle conviña. Tal foi así que no minuto 23 solicitou o técnico local tempo morto, xa que logo de ter unha diferenza de sete goles (13-6) o Camariñas recuperou tres goles nun intre para deixar o marcador sinalando un 13-9 que abría o partido totalmente. A reacción do Xiria foi instantánea e con moita seriedade e traballo en todas as liñas foise ao descanso cunha vantaxe de nove goles (parcial de 6 – 2 en menos de 7 minutos). O partido semellaba encarrilado para os intereses carballeses.

A segunda metade foi un calco da primeira, quince minutos sen que ningún equipo tomase o mando do encontro: o Calvo Xiria e o Camariñas repartían acertos e erros. Logo de quedarse na pista o Conservas Boya cun home menos durante catro minutos pola doble exclusión a Perón (as dúas por protestas aos colexiados), o Calvo apretou un pouco máis na defensa e correu o contraataque para deixar ao final do encontro o marcador de 38 – 25.

Agora a competición parase ata o 14 de Xaneiro no que se disputará na Coruña outro derbi provincial, desta volta ante o OAR e no Pavillón San Francisco Xabier.