CLUB CISNE DE BALONMÁN 24 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27

Club Cisne de Balonmán: 24 (10+14): Juan, David (4), Gonzalo (4), Justo (3), Pablo (2), Javi (9), Piñón (2) -equipo inicial- Aaron, Hermida, Sergio, Santi, Yago, Eric.

Ifecgás Pereira Xiria: 27 (12+15): Zúpez, Bouzas (5), Martín (7), Javi (5), Miguel (5), Álex, Rubén Gómez -equipo inicial- José, Calvete(1), Anes(1), Iván, Edu(3).

Colexiados: Manuel Currás e Francisco Soliño.

Partido atractivo o que disputaron o Ifecgas Pereira Xiria e o Cisne de Pontevedra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na cidade do Lérez e no que os visitantes foron por diante no electrónico durante todo o encontro.

Cos bergantiñáns non viaxou o seu xogador David García, que quedou en Carballo para disputar pola tarde o derbi de primeira estatal entre o Calvo Xiria e o Bm. Camariñas. A pesar desta baixa e de contar só con tres primeiras liñas, os de Xiria comandaron o marcador con certa solvencia e autoridade no xogo.

Comezaron os carballeses defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible acadar as primeiras diferenzas, que se mantiveron ao longo dos primeiros trinta minutos para chegar o descanso co marcador de 10-12.

Na segunda parte, o Ifecgás Pereira dedicouse simplemente a controlar o marcador e facer un partido cómodo, con pouco desgaste para os xogadores. Quizais, o exceso de confianza ao ver o partido controlado, fixo posible que os locais nun último intento se achegaran ata un gol de diferenza, pero os de Xiria souberon xogar con madurez cando o encontro tocaba ao seu fin.

O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias salvo o empate contra o equipo de Lalín e xa se encontra nos postos máis altos da táboa clasificatoria.

A competición paralízase tras a disputa desta xornada, sen embargo o Ifecgás Pereira Xiria deberá xogar dous encontros que ten pendentes os vindieros xoves e venres. O xoves os carballeses visitarán o Municipal de Porriño para medirse ao equipo desa localidade, ás 20.15 h, mentres que o venres recibirán, ás 18.00 h, no Vila de Noia ao Atl. Novás. Se os carballeses suman alomenos 3 dos 4 puntos en xogo colocaranse como líderes en solitario e sen coñecer a derrota, antes de afrontar un importantísimo choque tras o parón do Nadal fronte á S.D. Teucro, actual líder e outro dos principais candidatos ao título galego.