CALVO XIRIA 43 – F PINILLA BM CÁCERES 2016 21

2ª XORNADA

03/05/2008 CALVO XIRIA 43 – F PINILLA BM CÁCERES 2016 21
Calvo Xiria (20+23) 43: Quique, Cuco (1), Bruno (2), Fernando (2), Sebastián (7), Pablo (6) e Roberto (8) -equipo inicial- Iago, Jesús (3), Álex (3), Cristophe (3), Pombo (4), Manuel (2), Dubra (2) e Chimpo.

F Pinilla Bm Cáceres 2016 (9+12) 21: Alberto, Manuel (2), Juan Antonio (2), Iván (5), José Antonio (4), Jesús (3) e Luis (1) –equipo inicial- Roberto Jesús (1), Rubén, Emilio, Ricardo, Daniel (1), Rodrigo (1) e Jorge Claudio (1).

Árbitros: Alvaro Ruiz e David Zapico (C.A. Asturias)

O Calvo Xiria solventou cunha nova vitoria o segundo partido da fase de ascenso a Primeira Nacional que se disputa en Oviedo. O equipo de Marcos Rodríguez non tivo problemas para derrotar ao campión estremeño e decidirá a súa sorte na fase ante o Universidad de Oviedo na xornada final.

Ao igual que no choque inaugural, os primeiros minutos serveron de toma de contacto. Aínda así, e polo visto no día anterior, o Calvo Xiria partía como claro favorito ao triunfo. O BM Cáceres só aguantou o ritmo dos verdibrancos os primeiros dez minutos, grazas á falta de inspiración do ataque carballés (4-3) A partir de entón, o equipo de Marcos Rodríguez foi amosando pouco a pouco o potencial do seu xogo, baseado na anticipación defensiva e a saída rápida en contraataque. O conxunto estremeño, con moi poucas ideas en ataque e unha gran debilidade defensiva, non era quen de plantarlle cara a un Calvo Xiria que, sen facer un gran esforzo, chegaba ao descanso con xa once goles de diferenza (20-9).

Como xa fixera no tramo final do primeiro acto, o adestrador carballés aproveitou a segunda metade para dar minutos a todos os xogadores, circunstancia que non mermou o potencial do Calvo Xiria. As diferenzas seguían a subir cada minuto que pasaba e todos os integrantes do Xiria eran quen de anotar. Sabedores da importancia que poden ter os goles nunha fase deste tipo, os de Marcos Rodríguez seguiron concentrados ata o pitido final e converteron nun paseo triunfal a segunda parte, conseguindo 22 goles de diferenza ante o seu rival. Un partido con pouca historia no que o Calvo Xiria demostrou unha enorme superioridade sobre o BM Cáceres. Tra-la sufrida vitoria do Universidad de Oviedo ante o Delasalle Grupo Pinta, todo queda pendente para o partido final entre carballeses e oventenses.