UNIVERSIDAD DE OVIEDO 27 – CALVO XIRIA 29

3ª XORNADA

04/05/2008 UNIVERSIDAD DE OVIEDO 27 – CALVO XIRIA 29
Universidad de Oviedo (14+13) 27: José, Borja Fernández (1), Juan (3), Pablo (4), Toño (7), Damián (5) e José María (2) -equipo inicial- Ignacio, Borja Carrión (3), David, Arnaldo, Adirán (1), Jesús (1) e Pelayo.

Calvo Xiria (16+13) 29: Quique, Cuco (5), Bruno (7), Fernando (6), Sebastián (2), Pablo (2) e Roberto (4) -equipo inicial- Iago, Alex, Jesús, Cristophe (1), Chimpo (2), Pombo, Dubra e Manuel.

Árbitros: Luis Mata e Asier Cáceres (Castela-león)

O Calvo Xiria conseguiu o ascenso a Primeira Nacional logo de derrotar ao Universidad de Oviedo nun igualado e disputadísimo encontro. O saber estar do conxunto carballés nos minutos decisivos e o acerto anotador de Bruno cando peor estaban as cousas resultaron decisivos.

A igualdade presidiu por completo unha primeira parte moi disputada entre os dous conxuntos que se xogaban o ascenso. Nin Calvo Xiria nin Universidad de Oviedo eran quen de contar con rendas superiories aos dous goles, nun primeiro acto no que o equipo de Marcos Rodríguez soubo manterse no partido pese ás moitas exclusións que sufriu, á lesión de Sebastián aos dez minutos, e os cinco penaltis (por ningún a favor) dos que dispuxo o conxunto local. Pese a estas circunstancias, foi o conxunto carballés quen sempre levou a iniciativa, grazas á aportación de Quique na portería (¡que gran fase!), ó partidazo de Fernando Vázquez ou ó acerto anotador de Bruno e Roberto desde o estremo. Polo bando local, a verticalidade de Pablo e, sobre todo, a movilidade e acerto de Toño no pivote, facían que todo quedara pendente dos segundos trinta minutos de partido. Ao descanso, e grazas a un parcial de 0-2 para os verdibrancos nos últimos instantes, o Calvo Xiria chegaba con ventaxa e as opcións intactas a pesar da arbitraxe (14-16).

O Universidad saliu moi metido no partido na reanudación e, cun parcial de 3-1, devolvía o empate ao marcador nos primeiros cinco minutos. Todo volvía empezar. A partir de entón, as diferenzas foron sempre mínimas ata que o Universidad de Oviedo conseguía, a raíz dunha nova exclusión do Calvo Xiria, irse con dous de ventaxa a falta de dez minutos. Lonxe de virse abaixo, e levado en volandas por unha grandísima afición, o Calvo Xiria deu o mellor de sí e, cun parcial de 3-0 con goles de Bruno, volvía poñerse por diante. Sabedor de que o empate lle valía, o conxunto de Marcos Rodríguez soubo xogar coa tranquilidade que lle faltou ao conxunto local. Nin as tres exclulsións de Roberto mermaron un ápice a moral dun equipo que, desde que se puxo por diante, xa non deu opcións ao seu rival. Quique seguía aportando seguridade na portería, Cuco sumaba en defensa e en ataque, Fernando aportaba a súa veteranía cun partido impecable, Cristophe realizaba unha enorme exhibición defensiva durante todo un segundo tempo, Bruno asumía a responsabilidade no lanzamento, Pablo manexaba o tempo do partido… e todos sumaban para que o Calvo Xiria conseguira o ansiado ascenso a Primeira Nacional. Inxusto sería destacar a un só xogador nun partido no que, por riba de todo, se viu a un gran equipo. Ao final, 27-29 e unha espectacular celebración cos moitos carballeses que se desprazaron a Oviedo. Noraboa.