Campionato de España de Seleccións Territoriais Xuvenis

Campionato de España de Seleccións Territoriais Xuvenis

A selección xuvenil masculina de Galicia, na que actuaban os xogadores das Escolas de Balonmán Xiria, Javi Rodríguez, Jorge Bouzas, Martín Alfeirán e Rubén Gómez, acadou o bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais Xuvenís, logo de vencer na loita polo terceiro posto ao combinado de Euskadi por un axustado 24 – 22.
Tamén o combinado xuvenil feminino de Galicia acadou o mesmo resultado, unha meritoria terceira posición.
Os nosos parabéns aos rapaces e rapazas, corpo técnico das selecións, aos clubs de orixe e aos seus técnicos neles.