GRUPO LEMACO XIRIA 32 – PORTADEZA LALÍN 34

XORNADA 5

22/12/2012

Grupo Lemaco Xiria: 32 (13+19): Buño, Iván (7), Dani (1), Diego(1), Calvo (2), Enrique (6), Lolo (6) -equipo inicial- Jorge, Álex, Gabriel (4), Pereira (4), Andrés, Pablo (1).

Portadeza Lalín: 34 (17+17): Iago, Román (3), Dani (6), Antonio (4), Blanco (3), Álvaro (2), Aron (11) -equipo inicial- Pablo (5), Javi, Uxío, Brais, José, Óscar.

Colexiados: Cesar Carballo e Oscar Iglésias.

Xogábase nesta xornada o partido aprazado no seu día e correspondente a quinta xornada de liga.

O terceiro e cuarto clasificado da liga (Portadeza Lalín e Grupo Lemaco Xiria respectivamente), separados por tan só un punto, disputaban no Vila de Noia un partido que se prevía de poder a poder na loita por conquistar a terceira praza antes do parón do Nadal.

Os do Xiria entraban no encontro como nos teñen acostumados nos partidos nos que actúan de locais e en apenas tres minutos xa mandaban por 3-0 no electrónico. Foi entón, cando o adestrador do equipo do Deza pediu tempo morto e na volta a cancha, devolvíanlle ó parcial aos bergantiñáns (0-3). A partir de aquí a igualdade foi a tónica que dominou no marcador, cun 6-5 a prol dos locais polo paso do minuto dez. O parcial de 7-12, nos seguintes vinte minutos, rompía lixeiramente o envite a prol dos visitantes e deixaba un preocupante 13-17 no descanso para os foráneos. As sensacións non eran as de outras veces, o Grupo Lemaco non mostraba o dinamismo ao que nos ten acostumados e a defensa non funcionaba coa intensidade doutras ocasións.

Parecía que o parcial de 6-2, conquerido polos carballeses cando apenas ían disputados nove minutos da reanudación, podería dar pé a cambiar as tornas. O empate acadado neste tempo facía ter moitas esperanzas de que o partido dera a volta definitivamente a favor dos locais, pero o equipo dezano non perdeu a compostura e aguantou perfectamente as embestidas dos de Xiria que seguían sen funcionar en tarefas defensivas. De nada serviu o 19-17 de parcial conseguido polos de Carballo nesta segunda parte e vían como os de Lalín se quedaban co terceiro posto e escapaban ata os tres puntos de diferenza con respecto aos carballeses.

Unha mágoa, se temos en conta a oportunidade que os locais deixaron escapar, pero sen dúbida que os rapaces do Grupo Lemaco seguen a estar nunha posición moi boa cara a conseguir unha das dúas primeiras prazas do campionato na segunda volta.

A competición ligueira non se reanudará ata o próximo 13/01/13, xusto despois do parón do Nadal.