Campionato Galego Infantil Feminino

O Delicatessen D-vicio Xiria de categoría infantil feminino disputa os vindeiros días 4, 5 e 6 de maio na localidade pontevedresa de Poio a fase final do campionato galego infantil feminino.

Todos os encontros terán lugar no Pavillón Municipal da Seca e no Pavillón do IES de Poio. Seis equipos tomarán parte na competición divididos en dous grupos, o primeiro de cada grupo disputará a final, os segundos o terceiro e cuarto posto e os terceiros loitaran polo quinto e sexto.

As rapazas de Toni García, campionas da liga provincial da Coruña, quedaron encadradas no Grupo II e terán coma rivais á Escola Municipal de Balonmán de Lugo e á SAR de Redondela. No otro grupo estarán o Rasoeiro Bm do Grove, IES O Couto de Ourense e o Bm Narón.
O Delicatessen D-vicio Xiria debuta o venres ás 19.30 h no Pavillón do IES de Poio enfrontándose ao representante lugués e o sábado ás 11.15 h no mesmo escenario medirase á SAR. As finais disputaranse na mañá do domingo no Pavillón Municipal da Seca.

RESUMO FASE FINAL CAMPIONATO GALEGO INFANTIL FEM.

O Delicatessen D-vicio Xiria rematou na 4ª posición no Campionato Galego Infantil Femenino, disputado a pasada fin de semana na localidade pontevedresa de Poio, tras caer derrotado na loita polo terceiro e cuarto posto fronte ao Bm Narón por 14-24.

O equipo carballés, que dirixe Toni García, acusou en exceso o seu número limitado de xogadoras, oito en total, e a súa menor envergadura, o que provocou tras tres partidos consecutivos unha considerable merma na condición física do equipo.

Na primeira xornada as carballesas derrotaron á Escola Municipal de Balonmán de Lugo por 18-9, o que xa lles garantía loitar como mínimo polo terceiro posto, e na segunda xornada caeron derrotadas por 8-23 ante á SAR, evidenciando a diferenza de nivel que hai fronte aos equipos do sur que teñen máis rodaxe cunha competición moito máis dura.

Aínda así a disputa deste campionato era un premio para o equipo tras a consecución do titulo territorial e o obxectivo primordial do club era que as rapazas disfrutaran do balonmán neste campionato e que se engancharan máis a este deporte e ese obxectivo cumpriuse á perfección. O Delicatessen D-vicio aínda ten a opción de acadar un novo exito conseguindo o titulo de copa territorial, para o cal as de Carballo deberán alomenos acadar un empate na pista do Bm. Narón, nun encontro que aínda está por determinar cando se xogará.