CANGAS PROMALAR 38 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 36

Cangas Promalar (17+21) 38: Cayetano, Cristian (6), Fabian (3), Rubén Soliño (11), Davila (3), Rial (7) e Adrian (4) – equipo inicial – Aaron (p.s.), Mendoiña (2), Rodríguez (1), Borja (1), David, Camiña e Pousa.
Asesoría Sueiro Xiria (16+20) 36: Guillín, Díaz, Joaquín (10), Manuel (8), Juan (2), Ramón (6) e Javier (6) – equipo inicial – Iago (p.s.), Óscar, Puente (2), Norberto (1) e Eloy (1).
Árbitro: Alicia Centeno e Iago García. Mal.
Incidencias: Encontro correspondente á 4ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón do Gatañal en Cangas ás 11:00 ante apenas 40 espectadores.

Esta domingo o Asesoria Sueiro Xiria rendía visita a un Cangas que se atopaba nun bo momento tras conquerir un valioso empate na difícil cancha do Lavadores. O encontro respondeu ó guión habitual dun encontro de Liga Galega, onde unha victoria a domicilio antóxase moi complicada.

O comezo do partido foi de ida e volta, cun Cangas tratando de imprimir un ritmo elevado ó partido e un Xiria que anotaba con facilidade. Mediada a primeira parte os locais colleron unha pequena vantaxe propiciada polas exclusións visitantes, e chegaron a ter ata cinco goles de renda, pero o Xiria apretou cando recuperou a igualdade e antes do descanso reduciu a diferencia a un só gol.

No segundo tempo o Cangas saíu máis enchufado e colleu unha renda de catro goles nos primeiros minutos que, unido as exclusións que sufriu o Xiria, provocaron que a diferencia se disparase ata os sete goles (29-22). A partires deste intre, o Xiria axustou a súa defensa e comezou a recuperar balóns que remataban en rápidos contraataques, e a diferencia decrecía, a pesar de que os colexiados non sinalaron algún dos sete metros cometidos sobre Joaquín. E cerca do remate, a inxusta terceira exclusión de Óscar e dous claros penaltis a Manuel non sinalados, non permitiron que o Xiria se achegase a menos de dous goles.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria recibe en Carballo ó líder, o Calfoncal Lavadores, na última xornada da primeira volta.