Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Convocatorias de selecciónsInfantil masculino

Catro rapaces das Escolas Balonmán Xiria adestran coa galega esta fin de semana

Adrián Dubra estrease como 2º adestrador da selección xuvenil masculina. Catro rapaces das Escolas Balonmán Xiria acuden este domingo a unha nova xornada de adestramentos das seleccións galegas. As categorías…

Adrián Dubra estrease como 2º adestrador da selección xuvenil masculina.

Catro rapaces das Escolas Balonmán Xiria acuden este domingo a unha nova xornada de adestramentos das seleccións galegas.

As categorías inferiores das Escolas Balonmán Xiria seguen a nutrir as seleccións galegas de rapaces, pois Andrés Vila, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal volven a ser convocados para os adestramentos das diversas categorías da Preselección Galega.

O xuveníl do Laber Xiria Andrés Vila foi chamado para adestar o vindeiro domingo 5 de novembro ás 17.00 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra, onde estreará o seu flamante cargo como segundo seleccionador o carballés Adrián Dubra.

Pola mesma, os tres rapaces do Garaysa Xiria da categoría infantil, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal, adestrarán o mesmo domingo 5 de novembro ás 16:30 no Pavillón O Rosal de Moaña.

collage

dubra

Máis sobre isto