CB LAGARES PONTEDEUME 20 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 36

CB Lagares Pontedeume (9+11) 20: Héctor, Bruno (3), Daniel (2), Enrique (3), “Chapu” (5), Óscar (1) e Santiago (4) – equipo inicial – José Antonio (1) e David (1).

Asesoría Sueiro Xiria (14+22) 36: Guillín, Jesús (6), Díaz (2), Óscar (7), Ramón (5), Manuel (4) e Puente (6) – equipo inicial – Iago (p.s.), Juan (2), Eloy (2) e Javier (2)
Árbitros: Inocencio Pérez e Víctor Freire. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 1ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Casqueira en Pontedeume Ás 16:30. Pobre entrada con apenas 50 espectadores nas gradas.

Pobre encontro o que se viu o sábado no Pavillón da Casqueira. Nunha primeira parte chea de imprecisións por parte do Xiria, que chegou a errar ata dez lanzamentos en situacións claras e perdeu outros tantos balóns en situacións non forzadas o único destacable foi a defensa que no minuto 25 só recibirá cinco tantos en contra (5-12). Desde aí ata o descanso as exclusións e as numerosas imprecisións do Xiria fixeron que os locais chegasen ata os nove tantos (9-14).

Na segunda parte cambiaron un pouco as cousas, e o Xiria esta vez con menos erros conseguiu por medio de rápidos e continuos contraataques romper definitivamente o partido e ir aumentando paulatinamente a diferencia segundo pasaban os minutos ata o definitivo 20-36.

En resume o típico partido de comezo de liga pouco vistoso para o espectador e con numerosas imprecisións por parte dos dous equipos, no que o máis positivo para o Xiria foron os dous puntos acadados.

A próxima semana disputase o primeiro derbi da tempada, o Xiria recibe en Carballo á Escola Municipal de Camariñas, un difícil rival que ademais é un dos aspirantes a clasificarse para a Liga Galega, e que conta nas súas filas con Alberto Mas un dos dous seleccionados da zona norte para a Selección Galega. Polo tanto os xogadores do Xiria deberán de mostrar unha mellor cara para poder acadar a victoria.