Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CISNE 24 – GARAYSA XIRIA 29

Cisne: 24 (10+14): Sergio, Vidal (7), Ricardo (1), Sergio (6), Javi (6), Iago (1), David (3) -equipo inicial- Andrés, Ángel, Torres, Edgar, Darío, Diego. Garaysa Xiria: 29 (15+14): Dani Buño,…

Cisne: 24 (10+14): Sergio, Vidal (7), Ricardo (1), Sergio (6), Javi (6), Iago (1), David (3) -equipo inicial- Andrés, Ángel, Torres, Edgar, Darío, Diego.

Garaysa Xiria: 29 (15+14): Dani Buño, Julián (9), Enrique (5), Alberto (3), Dani García, Cristian, Diego (2) – equipo inicial – Jorge, Óscar, Raúl, Manuel (3), Gabriel, Iván (7).

Colexiados: Inocencio Pérez.

O Garaysa Xiria remata a campaña con unha vitoria. O equipo carballés conseguiu facerse cos dous puntos no derradeiro partido da tempada na División de Honra Infantil ao vencer a domicilio ao equipo pontevedrés do Cisne por 29-24.

O Garaysa tivo un bo inicio de partido e mandou no marcador dende o principio. Os de Carballo facían dano á zaga pontevedresa, pero o problema para os visitantes era na súa defensa, xa que non estaban acertados nas axudas e na basculación. Aínda así, a maior calidade en ataque dos do Xiria facía posible unha diferenza cómoda ao descanso, 10-15.

Na reanudación, o Garaysa Xiria tivo moitas imprecisións, a defensa seguía sen funcionar e o ataque non era tan fluido como no primeiro acto. Isto motivaba que os locais mantiveran unha igualdade no parcial nesta segunda metade, 14-14. Ao remate, un 24-29, dous puntos que fan que o Garaysa Xiria remate na 10ª posición, lonxe dos derradeiros postos. Sen embargo, ao ser o peor clasificados dos 3 representaes da provincia coruñesa deberá xogar, para manter a categoría, unha promoción no mes de setembro fronte ao campión da liga provincial.