Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 39 – CAIXANOVA OCTAVIO 23

Vipecón Xiria 39 (18+21): Iván, David (9), Miguel (8), Jorge Viñas (2), Tuku (1), Rubén (5), Calvete (2) -equipo inicial- Bisbi, Jorge Bouzas (3), Luís García, Edu (3), Martín (4),…

Vipecón Xiria 39 (18+21): Iván, David (9), Miguel (8), Jorge Viñas (2), Tuku (1), Rubén (5), Calvete (2) -equipo inicial- Bisbi, Jorge Bouzas (3), Luís García, Edu (3), Martín (4), Javi (2).

Caixanova Octavio: 23 (7+16): Pablo, Pablo (4), Castiñeira (4), Rodrigo (1), Xacob (1), Ismael (6), Diego (3) -equipo inicial- Dani (1), Pedro, Bruno, Adrián, Álex, Antón (3).

Colexiado: Daniel F. del Valle.

Derradeira xornada da fase de grupos na Copa Federación na Divivisión de Honra Cadete. Garaysa e Octavio xogábanse a clasificación para as semifinais que caeu para o bando carballés, vingándose deportivamente do equipo vigués que lle arrebatara o subcampionato de liga aos de Carballo nas derradeiras xornadas de liga.

Unha vez máis, o Vipecón Xiria demostrou o seu bo facer e deixou moi claro a superioridade fronte aos de Vigo. Os de Xiria deleitaron as bancadas con un balonmán de altos voos, concentración, intensidade, velocidade, etc … Os de Carballo deixaron ben patente dende o inicio a diferenza na actualidade entre ambos conxuntos. Mediada a primeira metade, o partido xa estaba roto a prol dos locais, a súa defensa non deixaba lanzamentos cómodos dos visitantes e a portería estaba pletórica, os rápidos contraataques facían o resto para acumular, xa no descanso, unha importante vantaxe, 18-7, fronte a un equipo vigués que non era quen de seguir o ritmo dos locais.

Na reanudación, os rapaces do Vipecón non baixaron a súa intensidade, os ataques posicionais eran moi solventes, a mobilidade de todos os xogadores, as respostas e a solidaridade falaban dun equipo maduro e traballador que practica un preciso e precioso balonmán. As bancadas vibraban cos rapaces por tal espectáculo e agradecían a enorme entrega con sonoros aplausos.

No remate, moita satisfacción polo 39-23 e sobre todo pola forma en que se conseguíu. Este resultado permite os de Carballo rematar a fase de grupos da Copa Federación como primeiro do seu grupo á espera de saber quen lles toca en sorte nas semifinais do torneo que se disputan a partido único a vindeira fin de semana. O Vipecón disputará a semifinal como locatario agás no caso que lle tocase disputala fronte ao OAR.