Clara vitoria do Grupo Lemaco diante do Teucro pontevedrés
S.D. Teucro 31 – Grupo Lemaco Xiria 38 (15-18) Coa vitoria o Grupo Lemaco Xiria asegúrase a clasificación para a disputa da Fase Final, onde se enfrontará a outros 3…

S.D. Teucro 31 – Grupo Lemaco Xiria 38 (15-18)
Coa vitoria o Grupo Lemaco Xiria asegúrase a clasificación para a disputa da Fase Final, onde se enfrontará a outros 3 equipos pola clasificación para a disputa do Campionato de España.
Primeira metade igualada, onde o Xiria tardou en coller o ritmo de partido, non era quen de cerrar as opcións de ataque do rival, polo que non conseguía marca diferenzas no marcador, o Teucro con bos lanzamentos e alargando a posesión de balón, tiña a paciencia suficiente para desbordar o 5:1 defensivo. Unhas cantas accións de anticipación defensiva coa posterior saída a contra, foron suficientes para irse ao descanso con 3 goles de vantaxe.
Máis centrado nas tarefas defensivas e con maior contundencia en ataque, o Grupo Lemaco amosouse moi superior na segunda metade ao seu rival, xogando con maior disposición no ataque, movendo e atacando con criterio, foi elaborando o que sería unha vitoria cómoda ante o Teucro.
S.D. Teucro 31 (15): David Rodríguez e Lois García (porteiro) , Diego Fariña 2, David Chan 7, Juan Piñeiro 3, Marlon Barco 8, Uxio Vjeikz 5, Daniel Gómez 3, Juan Castro, Mario Pérez, Esteban Carballido, Sergio Castro, Sergio Blond 3 e Alvaro Castro.
Grupo Lemaco Xiria 38 (18): Diego Lema e Julio Ferreiro(porteiros), Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 9, Dani Mallo 5, Mario Rincón 2, Iago Rincón 5, Iker Martínez, Alex Gómez 8, Aaron Rodríguez 2, Diego Rodríguez 1, Franco Rial 3, Fernando Mallo 2, Diego Antelo e Brais Vila.
Marcador cada 5 min: 2-3/ 5-6/ 9-9 / 11-12/ 14-14/ 15-18/ 20-24/ 23-25/ 23-28/ 25-31/ 27-34/ 31-38
Arbitraron: Marcos Pérez e Henrique Folgoso, sen complicacións


