Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CLUB CISNE DE BALONMÁN 23 – GARAYSA XIRIA 37

Club Cisne de Balonmán: 23 (10+13): Sergio, Ricardo (4), Andrew, Ángel, Pablo (3), Yago (5), Juan, Alejandro T. (3), Alejandro C. (3), Javier, Ángel, Diego (5) Mario, Miguel. Garaysa Xiria:…

Club Cisne de Balonmán: 23 (10+13): Sergio, Ricardo (4), Andrew, Ángel, Pablo (3), Yago (5), Juan, Alejandro T. (3), Alejandro C. (3), Javier, Ángel, Diego (5) Mario, Miguel.

Garaysa Xiria: 37 (15+22): Jorge, Buño, Daniel García (3), Gabriel, Iván Campos (11), Raúl (4), Diego (2), Lolo (9), Alejandro (1), Iván Calvo (4), Enrique (3).

Colexiado: Juan Meijide.

O Garaysa viaxou a Pontevedra para enfrontarse ao Bm Cisne na 20ª xornada do campionato de liga na División de Honra Infantil.

O encontro comezou cun Xiria pouco ordenado en defensa, os apoios non chegaban a tempo e os continuos despistes impedían abrir brecha no marcador ante un Cisne que suplía con moito entusiasmo a súa pouca experiencia. Pese a todo, os de Carballo foron mandando no partido durante toda a primeira metade, sen chegar, iso si, a marcar o ritmo ao que nos teñen afeitos: sen unha boa defensa é difícil basear o xogo no contraataque, e pola contra, en ataque posicional tampouco houbo o ritmo de balón e a intención necesaria para superar con claridade á defensa cisneísta que puxo todo o seu empeño por non irse do encontro. O 10-15 do descanso deixaba o partido aberto a sorpresas e deixaba un sabor agridoce entre os xogadores do Xiria.

Na segunda metade o Garaysa saíu coa premisa de mellorar a intensidade defensiva e darlle maior ritmo ao balón en ataque. Pero as cousas non foron como se agardaban xa que nos primeiros minutos tras a reanudación o Cisne recurtou distancias colocando incluso o empate a 17 no marcador, os nervios afloraban e os de Pontevedra víñanse arriba arroupados polo seu público e polo resultado do encontro, pero non foi máis que un susto. Un par de boas defensas facilitaron rápidos contragolpes que pronto lle devolveron a vantaxe ao Garaysa. A partir de aí o Cisne caeu en erros precipitados e o Xiria recuperou a súa mellor versión que aínda non amosara neste encontro.

Ao remate 23-37, resultado xusto pola diferenza de potencial entre ambos conxuntos pero enganoso para como foi o desenvolvemento do partido.

A vindeira fin de semana agárdanos dobre xornada, o Sábado na casa fronte ao equipo revelación da segunda volta, o Balonmán Cangas, que está a facerse un oco entre os grandes da Liga; o domingo visita a Oleiros onde nos enfrontaremos ao Bm Ártabro nun bonito e vibrante derbi. Moita sorte e agardemos que o Garaysa recupere o seu mellor xogo.