Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 37 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 15

Garaysa Xiria: 37 (16+21): Jorge, Buño, Daniel García (7), Gabriel (1), Iván Campos (10), Raúl (2), Diego (4), Lolo (6), Alejandro (1), Iván Calvo (1), Enrique (5). Club Cisne Bm:…

Garaysa Xiria: 37 (16+21): Jorge, Buño, Daniel García (7), Gabriel (1), Iván Campos (10), Raúl (2), Diego (4), Lolo (6), Alejandro (1), Iván Calvo (1), Enrique (5).

Club Cisne Bm: 15 (6+9): Sergio, Ricardo, Ángel (1), Pablo (2), Yago (2), Juan, Alejandro (4), Diego (6) Mario, Miguel.

Colexiado: César Carballo e Antonio Moledo.

O Garaysa Xiria disputaba, na 5º xornada de liga na División de Honra infantil, o seu primeiro encontro no seu feudo, debutando así diante da súa afección.

Xa dende o quecemento respirábase, entre os xogadores, un ambiente de tensión e ganas de facer un bo partido. E así quedou plasmado dende o asubío inicial.

O Garaysa pasou coma unha apisonadora por encima do equipo pontevedrés que pouco puido facer para evitar as acometidas locais. O Xiria tiña un auténtico muro construído en defensa e en ataque movía o balón con moito criterio e boa continuidade ata lograr boas situacións de lanzamento. Ao Cisne custoulle preto de 10 minutos acadar o seu primeiro tanto, e por esas xa o Xiria puxera terra de por medio. Dende aí o encontro careceu de moita máis historia.

Partido moi serio por parte dos de Carballo que non perderon a concentración malia as grandes diferenzas no marcador. Houbo gran reparto de goles e de minutos xogados entre tódos os xogadores que aproveitaron as súas oportunidades ás mil marabillas, continuando así a liña ascendente que viña amosando o equipo.

A próxima fin de semana o Garaysa visita o sábado a península do Morrazo para enfrontarse ao Balonmán Cangas, partido que se disputa ás 10.00 no Pavillón do Gatañal, e ao día seguinte, o Luns día 1, recibe a visita do Bm. Ártabro na pista do Vila de Noia ás 10.00 h. Agardamos continuar vendo a un Xiria como este, loitador, aguerrido e concentrado no seu traballo. Moita sorte e ánimo rapaces.