CLUB CISNE DE BALONMÁN 40 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 46
Club Cisne de Balonmán:40 (22+18): Mario, Barreiro (3), Iago (5), Diego (1), Aaron (16), Torres (4), Roval (3) – equipo inicial- Ricardo, Javi (4), Ángel, Sergio, Pablo (2), David (2).…
Club Cisne de Balonmán:40 (22+18): Mario, Barreiro (3), Iago (5), Diego (1), Aaron (16), Torres (4), Roval (3) – equipo inicial- Ricardo, Javi (4), Ángel, Sergio, Pablo (2), David (2).
Decoraciones J. Bello Xiria: 46 (26+20): Manuel, Enrique (9), José (4), Iván (8), Cristian (4), Alberto (3), Dani (4)-equipo inicial- Óscar (1), Lolo (1), Miguel, Julián (12), Gabriel, Calvo
Colexiados: Manuel Currás e Francisco Soliño.
O Decoraciones J.Bello Xiria conseguiu o pasado sábado dous novos puntos que o deixan na quinta posición da táboa clasificatoria antes do parón polas festas do Nadal.
O encontro comezou cun Xiria errático na súa retagarda, pero, por contra, moi efectivo cara á portería contraria. O envite estaba a ser de dominio visitante, aínda que con vantaxes que non daban lugar a relaxación. O J. Bello Xiria mandaba no marcador e gozaba de diferenzas non avultadas pero si cómodas, que se movían entre os tres e catro goles. Non existían as defensas en ningún dos dous conxuntos, de aí a cantidade de goles conseguidos por ambos equipos tanto na primeira parte como no global do encontro. O 22-26 do descanso parecía máis ben un resultado final que do remate da primeira parte.
A reanudación transcorreu polos mesmos derroteiros. O J. Bello mantíñase en diferenzas de entre catro e cinco goles, apoiándose na súa labor de ataque e contraataque, o que lle permitía acadar un rexistro goleador de record. A pesar dos goles encaixados, o porteiro do Xiria, o infantil Manuel Rodríguez tivo unha aceptable actuación no seu debut co equipo cadete, sobre todo na segunda metade, pero non foi acompañado no día de hoxe pola imprecisa e pouco contundente defensa dos visitantes.
Con estes dous puntos, os xogadores de Xiria afrontan o parón no quinto posto da clasificación. A competición reanudarase a mediados do mes de Xaneiro.