CLUBE BALONMÁN TUI 28 – VIPECÓN XIRIA 50
Clube Balonmán Tui: 28 (18+10): Yoel, Diego (10), Pons (12), Kevin (1), Martín (3), Javi (1), Miguez (1) -equipo inicial- Jhoan, Pereira, Brian, Iván, David, Ignacio. Vipecón Xiria: 50 (25+25):…
Clube Balonmán Tui: 28 (18+10): Yoel, Diego (10), Pons (12), Kevin (1), Martín (3), Javi (1), Miguez (1) -equipo inicial- Jhoan, Pereira, Brian, Iván, David, Ignacio.
Vipecón Xiria: 50 (25+25): Zúpez, Edu (2), Martín (11), Javi (10), Jorge (6), Calvete (6), Rubén Gómez (13) -equipo inicial- Anes (1), Óscar, Miguel, Alberto (1), Cristian, Jose.
Colexiado: Juan Andrés Casaleiro.
O Vipecón Xiria conseguiu outro contundente resultado na súa visita a Tui para disputar a 3ª xornada de liga na División de Honra cadete. Con este resultado os carballeses continuan a liderar a clasifiacación con 6 puntos, os mesmos que Lavadores e Teucro pero con mellor golaveraxe por parte do Vipecón.
O Tui é un equipo chamado a estar nos postos máis baixos da clasificación, limitado nos seus conceptos balonmanísticos, tanto na técnica como na táctica, pero, por contra, si presentan un bo carácter competitivo e un espíritu de loita máis que notable, de aí que os dous puntos e o resultado tan avultado conquerido polos do Xiria teña moito mérito.
Dende o inicio, o Vipecón impoñíase con absoluta contundencia en tarefas atacantes e de forma máis que sinxela batía, unha e outra vez, a portería local, impoñendo unha abrumadora superioridade técnica e táctica nos seus xogadores. Aínda así as distancias no electrónico non amosaban a enorme diferenza entre un e outro equipo, xa que os de Carballo xogaban a medio gas na súa defensa, seguramente influenciados tamén polo xogo desordenado e atípico dos de Tui. Con isto e con todo o partido foi moi plácido para o Vipecón, que xa no descanso mandaba no marcador por unha ampla diferenza, 18-25.
A segunda parte non tivo historia xa que o Vipecón saíu coma un ciclón a sentenciar o partido e a facelo pola máis ampla vantaxe posible. Tan só con rápidos contagolpes e co xogo sen balón en ataque, os de Carballo poñían as cousas no seu sitio con un parcial de escandalo (incluso con tres e catro xogadores na pista) e deixaba esta segunda metade un parcial de 10-25 para establecer o marcador final en 28-50.
Na vindeira xornada o Vipecón Xiria recibe a visita do Club Cisne de Balonmán, partido que se disputará o luns, 1 de novembro, ás 11.15 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia.