Comezan os Mércores de Balonmán: Unha actividade gratuíta que organiza Balonmán Xiria para nenos e nenas de Ed. Primaria

Este Mércores día 15 Escolas Balonmán Xiria arranca unha nova actividade destinada aos nenos e nenas nados entre o 2003 e o 2008 aos que lles guste xogar a balonmán.

Trátase dunha actividade gratuíta na que haberá un torneo de balonmán, un campionato de  frontonmán, xogos predeportivos para os máis pequenos e moitas máis sorpresas que so poderás descubrir se ves aos Mércores de Balonmán.

FECHAS: 15, 22 e 29 de Xullo e 5, 12 e 19 de Agosto

HORA: De 20:00 a 21:30

LUGAR: Pavillón do CEIP Fogar

¡Contamos coa vosa presenza!