Os nenos e nenas das Escolas de Verán Xiria levan a cabo varios proxectos de colaboración coa sociedade carballesa e mellora do seu entorno

Os nenos e nenas das Escolas de Verán Xiria levan a cabo varios proxectos de colaboración coa sociedade carballesa e mellora do seu entorno

Os rapaces e rapazas que participan este ano nas Escolas Deportivas e Culturais de Verán Xiria, ademáis de practicar deportes, de pintar, actuar, cantar en inglés e moitas outras cousas, están descubrindo outra forma de ocupar o seu tempo libre dun xeito divertido e gratificante, poñendo cada un un graniño de area para axudar a mellorar o noso entorno máis próximo.

Nesta liña temos que salientar o gran traballo que fixeron os rapaces e rapazas que acudiron ao Forum carballés. Alí suaron a gota gorda para acondicionar un pequeno espazo onde se instalará un xardín de herbas aromáticas que será indispensable para que os Alumnos do Curso de Cociña e Hostalería, que se cursa no propio Forum, teñan acceso ás mellores herbas aromáticas, frescas e naturais, e sen apenas ter que saír das instalacións.

Recortes da prensa local, onde podemos ver a repercusión que tivo esta iniciativa:
Nota prensa Forum Noticia Forum
CKBhn-GXAAQj_d1 

 

Deixovos tamén algunhas fotos da actividade:

Forum9Forum7 Forum1Forum2 Forum8

Outra das propostas que estamos levando a cabo para mellorar o noso entorno próximo é o noso particular «Derribando muros», no que os alumnos e alumnas embelecen os muros do CEIP Fogar dando vida ás creacións de Emi, monitora de pintura nas Escolas de Verán Xiria e participante activa no Proxecto Derribando Muros que o Concello de Carballo ten en marcha dende fai meses.

Os nosos artistas pásano en grande coloreando as paredes do colexio e ademáis son conscientes de que a súa obra fará do CEIP Fogar un lugar máis agradable e vistoso para os seus alumnos.

Subiremos fotos desta actividade nos vindeiros días.