Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Escolas de Verán

COMEZO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS XIRIA VERÁN 2011

Mañá, venres 1 de xullo, dará comezo a 18ª Edición das Escolas Deportivas e Culturais Xiria Verán 2011, que organizan as Escolas de Balonmán Xiria, co patrocinio do Concello de…

Mañá, venres 1 de xullo, dará comezo a 18ª Edición das Escolas Deportivas e Culturais Xiria Verán 2011, que organizan as Escolas de Balonmán Xiria, co patrocinio do Concello de Carballo-Programa Concilia e que contan coa colaboración de Carballo Deporte-Padroado Deportivo Municipal, Asociación Anti-Droga Vieiro, Lista Granit e Grupo Eter (Ifecgás Pereira e Africliber).

Durante os dous meses que durará a actividade, os máis de 200 rapaces e rapazas inscritos poderán disfrutar de diversas actividades deportivas e culturais, educación física de base, psicomotricidade, xogos, iniciación deportiva, inglés, teatro, informática, manualidades, saídas á praia, ao campo e ao parque acuático, excursións, xogos populares, sendeirismo e orientación, todo elo adaptado aos distintos grupos de idades.

Máis sobre isto