COMEZO DOS ADESTRAMENTOS NAS CATEGORÍAS DE BASE DE DIVISIÓN DE HONRA
Hoxe comezan os adestramentos nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, nas categorías xuvenil, cadete e infantil masculinas de División de Honra. Os equipos de segunda división cadete masculino,…

Hoxe comezan os adestramentos nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria, nas categorías xuvenil, cadete e infantil masculinas de División de Honra. Os equipos de segunda división cadete masculino, infantil masculino e infantil feminino tamén comezarán a adestrar nos vindeiros días. Os máis cativos: alevíns, benxamíns e prebenxamíns comezarán o curso balonmanístico no vindeiro mes de setembro.
Escolas Balonmán Xiria volve a contar, un ano máis, con equipos nas máximas categorías do balonmán. Lembrar que o club carballés mantén equipos nas tres categorías dende a creación destas, acadando varios títulos e numerosas participacións nos campionatos de España. Tamén a nivel individual moitos dos nosos rapaces teñen xogado campionatos de España de seleccións coa selección de Galicia e participado en concentracións e actividades da Federación Española.
Salientar a renovación do seu compromiso co club e agradecer aos patrocinadores destes equipos a confianza depositada en Xiria, tempada tras tempada.
Así podemos anunciar que Corporación Laber, Grupo Lemaco e Garaysa voltan a patrocinar os equipos de División de Honra Xuvenil, Cadete e Infantil respectivamente.
O Laber Xiria, xuvenil masculino, estará dirixido por Fernando Vázquez con Toni García como segundo.
O Grupo Lemaco Xiria, cadete masculino, estará dirixido por Toni García con Juanca Rodríguez como segundo.
O Garaysa Xiria, infantil masculino, estará dirixido por Adrián Dubra con Brais Piñal como segundo.
* As fotos corresponden aos equipos da pasada campaña 2016/2017.





