Contundente vitoria do Carballal diante do Grupo Lemaco Xiria

Grupo Lemaco Xiria 24  – A.D. Carballal 36   (11-18)

Comezaba a Liga de División de Honra Cadete o conxunto carballés na súa cancha recibindo a un dos equipos chamados a estar arriba na clasificación, como así demostrou este domingo, o Carballal. De inicio o Xiria foi aguantando as investidas do seu rival, pero un acertado Pablo na portería viguesa foi achicando as opcións en ataque, o que facía ao Carballal ir poñendo diferenza no marcador a medida que pasaban os minutos, chegándose ao descanso co 11 a 18. Tampouco era quen o Grupo Lemaco de frear as combinacións do contrario, chegando tarde as axudas defensivas e sen contundencia nas accións.

A segunda metade o partido continuou por un similar patrón, as accións a dobre pivote facíanlle moito dano aos carballeses na súa defensa, conseguindo ocasións claras de lanzamento ante a portería. En ataque o desequilibrio físico a favor do Carballal, ía desgastando a primeira liña do Xiria ao ter que forzar demasiado para poder penetrar na defensa viguesa.

Clara superioridade do Carballal, e un toque de atención para o Grupo Lemaco Xiria, que vai ter que redobrar esforzos para adaptarse a esixente categoría

Grupo Lemaco Xiria 24  : Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros), Pedro Pereira 8, Iago Rincón 3, Iker Martínez 3, Alex Gómez 2, Adrián Mesejo 3, Andrés Urbieta 3, Xurxo Díaz,  Renzo Díaz 1, Mario Rimcón 1, Franco Rial e Paulo Collazo,

A.D. Carballal 36   : Pablo González e Brais (porteiros), Oscar 6, Manuel 6, Pablo Neira 4, Carlos 2, Samuel, Alberto 4, Cabaleiro 5, Lois 3, Mario 5, Lucas 1, Iago e Roe.

Arbitraron: Angel Villar e Carlos Calvar, ben, sen complicacións.