Contundente vitoria do Grupo Lemaco fronte ao Octavio

Grupo Lemaco Xiria 40 – Academia Octavio  29 (20-15)

Visitaba Carballo o Academia Octavio vigués, que derrotara ao Grupo Lemaco na primeira volta, pero moito cambiaron as tornas en ambos equipos, o conxunto carballés foi superior en todas as facetas do xogo.

Comezaba o encontro cun Xiria moi metido, circulación rápida do balón en ataque, con fixacións ata conseguir opcións boas de lanzamento, desta vez si que se conseguía combinar co pivote, contras rápidas e orden defensivo, o que daba a primeira vantaxe importante aos 10 minutos, dominaba o encontro 9 a 5. A defensa viguesa non podía cerrar os espazos polo que recibían un gol cada ataque, tamén o Xiria baixou o seu rendemento na defensa deixando ao rival chegar a 15 goles na primeira metade.

Nada tornou na volta de vestiarios, a defensa do Xiria volveuse máis presionante e incisiva, os numerosos cambios no Grupo Lemaco deron maior ambición si cabe no ataque, e as contras empezaron a multiplicarse cunhas diferenzas agrandándose ata ese avultado 40 a 29 final.

Tan so resta a derradeira xornada para pechar esta primeira fase da competición, onde o Grupo Lemaco deberá derrota en Redondela a Sar, para poder acadar o terceiro posto.

Grupo Lemaco Xiria 40 (20): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Adrián Mesejo 5, Mario Cancela 6, Dani Mallo 4, Franco Rial 1, Mario Rincón 2, Carlos Varela 1, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila 2, Iago Rincón 5, Diego Rodríguez, Diego Antelo 2 e Alex Gómez 8.

Academia Octavio 29 (15): González Patiño (porteiro) , David Figueirido 7, Diego Rodríguez 5, Dacunha 1, Iago González, Daniel Arcila, Breogán González 4, André De Moura 7, Alvaro Cameselle 2, Dario Pérez 2, José Fernández e Pablo Mouriño 1.

Marcador cada 5 min: 5-2/ 9-5 / 12-8/ 15-11/ 17-13/ 20-15/ 25-16/ 29-19/ 31-23/ 36-25/ 37-28/ 40-29

Arbitrou: Henrique Folgoso, sen complicacións