Convocatoria de rapaces do XIria para a Selección Galega Balonmán

As categorías inferiores das Escolas Balonmán Xiria seguen a nutrir as seleccións galegas de rapaces, pois Andrés Vila, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal volven a ser convocados para os adestramentos das diversas categorías da Preselección Galega.

 O xuveníl do Laber Xiria Andrés Vila foi chamado para adestar o vindeiro domingo 15 de outubro ás 18.30 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra.

Pola mesma, os tres rapaces do Garaysa Xiria da categoría infantil, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal, adestrarán o mesmo domingo 15 ás 16:30 no mesmo Pavillón Multiusos de Pontevedra.

collage