Convocatorias Selección Galega

As xogadoras do Garaysa Xiria Juana Garrochena, Iria García e Raquel Andrade foron convocadas coa Seleccíón Galega Xuvenil Feminina para disputar dous encontros amigables nos vindeiros dias. O combinado galego medirase ao At. Guardés (día 26 en Pontevedra) e a Selección de Portugal (día 31 no Porriño).

Tamén foi convocado o xogador infantil do Procasa Xiria David García Pichel para a concentración que a Selección Infantil levará a cabo os días 24, 25 e 26 de agosto nas instalacións da Residencia Principe Felipe en Pontevedra.

Os xogadores cadetes do Ifecgás Pereira Xiria Alejandro Zas e Iván Amarelle foron convocados para a concentración que a Selección Galega Cadete levará a cabo os días 24, 25 e 26 de agosto na localidade de Pontevedra.

Tamén foron convocadas para a Selección Galega Infantil Feminina as xogadoras Aida Vizcaíno e Sara Morandeira.