Convocatorias Seleccións Galegas

Convocatorias Seleccións Galegas

Seguen as boas novas para as categorías inferiores das Escolas Balonmán Xiria, pois novamente 6 rapaces acaban de ser convocados para os adestramentos desta fin de semana da Selección Galega de Balonmán.

O xuvenil do Laber Xiria Andrés Vila foi chamado para adestrar coa Preselección Xuvenil Masculina o vindeiro Domingo 22 de Outubro ás 16.30 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra.

Do equipo cadete Grupo Lemaco Xiria asistirán ao adestramento da Preselección Cadete Masculina do Domingo 22 de outubro ás 18:30 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra os xogadores Mario Cancela e Alejandro Gómez.

No que se refire á categoría infantil, Julian García, Esteban Puñal e Martin Fuentes do Garaysa Xiria, adestrarán o o mesmoDomingo 22 de outubro ás 16:30 horas no Pavillón Multiusos de Pontevedra coa Preselección Infantil Masculina.

convocados