Cun lanzamento directo o Abegondo supera ao Hierros Varela Urbieta
Terceira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina Abegondo Atlántico Opermat 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 37 (19-16) A transformación en gol dunha falta directa co tempo cumprido dou a…

Terceira xornada da Liga Ouro Cadete Masculina
Abegondo Atlántico Opermat 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 37 (19-16)
A transformación en gol dunha falta directa co tempo cumprido dou a vitoria ao Abegondo Atlántico diante do Xiria tras unha remontada que non foi capaz de culminar o equipo de Carballo.
Saíu moi metido no ataque o Hierros Varela Urbieta, movendo o balón con continuidade e criterio para impoñerse a defensa aberta do rival pero como soe ser habitual era incapaz de conter aos lanzadores contrarios que con suma facilidade atopaban gol, tres paradas do porteiro do Abegondo marcaban a diferenza ao descanso.
Na segunda metade o Xiria tornou a unha defensa máis agresiva pero pouco rédito lle outorgou, pois os locais seguían a marcar con comodidade en cada ataque, a falta de 12 minutos o Hierros Varela Urbieta adiantouse a unha defensa 4:2 que si dou seus froitos e conseguía ir reducindo a vantaxe rival ata o empate a 37 goles, pero co tempo parado o Abegondo Atlántico dispuxo dun lanzamento directo que se colou pola barreira do Xiria, 38 a 37 final.
Abegondo Atlántico Opermat 38 (19): Enmanuel García, Gonzalo García 6, Iago Eiras, Daniel Anchilla 2, Adrián Insua 8, Lucas Faraldo 10, Damián 1, Mateo Martínez 8, Pablo Pardo 2, Cristian, Teo Fuentes, Roi, Emilio 1, Daniel Maceiras, Alejandro González
Hierros Varela Urbieta Xiria 37 (16): Izan Cabeza, Xano Pombo e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 6, Alvaro Gómez, Nico Cancela 4, Saúl Fuentefría 5, Marcos Varela 7, Pablo Fraga 4, Xabi Fernández, Nico Mejuto 2, Andrés Pedreira 2, Lucas Mateo 7, Unai Cotelo e Rubén Nogareda
Arbitrou: André Pena


