Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

DECORACIONES J. BELLO XIRIA 24 – SEIS DO NADAL-COIA 24

Decoraciones J. Bello Xiria: 24 (11+13): Buño, Iván (3), Julián (7), Diego (4), Alberto (1), Enrique (5), Lolo (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar , Dani (1), Raúl(1), Jorge. Seis Do…

Decoraciones J. Bello Xiria: 24 (11+13): Buño, Iván (3), Julián (7), Diego (4), Alberto (1), Enrique (5), Lolo (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar , Dani (1), Raúl(1), Jorge.

Seis Do Nadal: 24 (12+12): Alexandre, Anxo (4), Miguel (8), Oscar (5), Otero (4), Martín (2 ),David (2) -equipo inicial- Gonzalo, Angel, Costas,Santiago.

Colexiado: Daniel Portela e Martín Rodríguez.

Pobre partido demostrado polos dous equipos que se enfrontaron NA PISTA do Carballo Calero da capital bergantiñá o pasado domingo. O estrés competitivo marcou en demasía o saber facer dos carballeses que non tiveron o seu mellor día fronte a un equipo inferior.

A primeira metade foi de dominio local no electrónico, pero o xogo era espeso e con pouco ritmo. A vantaxe moveuse durante todo o tempo nos tres tantos de diferenza a prol dos de Xiria, pero as perdas de balón e os erros cometidos nos lanzamentos dende seis metros non deixaban que estes ampliaran unha diferenza que podía ser definitiva. Tanto xogar con lume e os locais queimáronse no último segundo da primeira parte, cando nunha perda de balón, os de Vigo transformaban un contraataque para poñerse por diante no marcador por primeira vez no encontro.

Na segunda parte, a tensión de verse por detrás do electrónico non favoreceu precisamente aos rapaces de Carballo que foron un manoxo de nervios durante os trinta minutos de esta segunda metade. Agora era o Sedona o que comandaba no partido con guarismos que case sempre se movían nos tres tantos de diferenza, máis polos erros dos locais que polos acertos de eles. A falta de pouco mais de un minuto para o final e co partido empatado, a exclusión de un xogador do equipo olívico poñía as cousas moi ben para o J. Bello Xiria, pero unha vez máis os erros non forzados foron determinantes para que o encontro rematara tal e como estaba. A falta de oito segundos o equipo carballés recuperaba balón e subía o contraataque con un xogador máis, pero a mala selección de lanzamento dende moi lonxe, propiciaba unha última acción de un xogador visitante que ía solo cara a portería e marcaba gol. Por sorte os colexiados estimaron que o balón entrara na portería de Xiria cando a chicharra xa tocara. Ao remate un 24-24 que permite ao Xiria seguir sumando aínda que coa sensación de poder ter conseguido un mellor resultado dada a superioridade dos bergantiñáns.

Na vindeira xornada o Decoraciones J. Bello Xiria visita a pista do Bm. Moaña, nun encontro que se disputará o domingo 13 ás 12.00 h.