DECORACIONES J. BELLO XIRIA 34 – S.D. TEUCRO NORBROK 44

Decoraciones J. Bello Xiria: 34 (15+19): Buño, Iván (9), Julián (6), Diego, Alberto (3), Enrique (7), Óscar -equipo inicial- Miguel (1), Fran, Lolo (2), José (2) Jorge, Dani (4).

S.D. Teucro Norbrok 21: 44(21+23): Aitor, Arosa (8), Martín (6), Dani, Aser (11), Rubén (6),Matías (5) -equipo inicial- Ameijeiras (3), Felipe, Miguel (1), Santi, Andrés (4), Adrián, Domínguez..

Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.

O Decoraciones José Bello Xiria segue a demostrar a súa gran mellora, aínda que sexa difícil completalo cunha vitoria ante os equipos aos que ultimamente se ten que enfrontar, formados case na súa totalidade por xogadores de segundo ano.

A calidade do equipo visitante está fora de toda dúbida, é un equipo formado na súa maior parte, tal e como diciamos, por xogadores un ano maiores que os de Xiria e chamados a loitar polo título de liga sen ningún tipo de dúbidas.

A primeira parte, e o partido en xeral, foi claramente de dominio visitante, controlando de forma precisa e contundente todos os aspectos do xogo. Os locais, lonxe de desesperar ante a superioridade amosada polo equipo pontevedrés, mostrábanse combativos aínda que irregulares no seu xogo, alternando momentos excepcionais con algún que outro erro de precisión. Estes erros non forzados eran os que sentenciaban aos carballeses que se ían o vestiario no descanso cun resultado en contra de 15-21.

A segunda metade foi diferente e aínda que os visitantes seguían a impoñer a súa calidade, os de Carballo non lle ían a zaga e melloraban claramente nas tarefas ofensivas. Se a isto engadimos que as perdas de balón foron moito menores, temos a explicación de ese 19-23, parcial que reflectía o electrónico nestes segundos trinta minutos. O máis feble nos dous equipos foron as súas defensas, xa que os ataques sempre se impuxeron de forma notable, este feito propiciaba moitos goles e un balonmán con ritmo alto e dinámico, polo que os seareiros presentes no municipal carballés puideron gozar de un bo espectáculo.

No remate do encontro, o 34-44 deixa moi boas sensacións para os de Carballo e mostra unha melloría ilusiónante cara a futuros encontros.