DECORACIONES J. BELLO XIRIA 36 – BALONMANO PORRIÑO 27
Decoraciones J. Bello Xiria: 36 (21+15): Buño, Óscar (4), Julián (6), Alberto (4), Diego (2), Enrique (7), Iván (6) -equipo inicial- Dani (1), Fran, Lolo (5), Miguel (1), Jorge, Gabriel.…
Decoraciones J. Bello Xiria: 36 (21+15): Buño, Óscar (4), Julián (6), Alberto (4), Diego (2), Enrique (7), Iván (6) -equipo inicial- Dani (1), Fran, Lolo (5), Miguel (1), Jorge, Gabriel.
Balonmano Porriño: 27 (15+12): Diéguez, Sergio (5), Samuel (10), Álex, David (2), Roberto, Adrián (3), Dani (2) -equipo inicial- Abdelhadi (1), Gonzalo, Ambrosio, Diego (2), Isidro (2).
Colexiados: Andrés Bacelar e Farruco Soliño.
O Decoraciones J. Bello Xiria conseguiu o pasado Domingo, a súa primeira vitoria na segunda volta da liga de División de Honra Cadete. O encontro correspondía a decimo cuarta xornada de liga e ante un rival teoricamente inferior,os de Xiria non podían deixar escapar os dous puntos na súa propia casa.
A primeira parte foi claramente de dominio local e dende o pitido inicial os carballeses tomaron o mando no encontro. Os xogadores do J. Bello estaban a plasmar sobre o parqué do Vila de Noia un balonmán dinámico, moi agradecido visualmente para os moitos seareiros que se deron cita nas bancadas. Os locatarios mostraban unha absoluta superioridade tanto en tarefas atacantes como defensivas e a zaga dos bergantiñáns impoñíase unha e outra vez ao ataque dos porriñeses, matando o partido no contraataque. A diferenza coa que o equipo de Carballo se retiraba ao vestiario xa era ampla e complexa para que a puideran remontar os visitantes (21-15).
A segunda metade non tivo maior historia, xa que o J, Bello Xiria saíu de novo moi seguro de si mesmo, sen dar lugar á relaxación, controlando en todo momento o ritmo do encontro e a diferenza no marcador. Pouco a pouco foron ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 36-27.
O próximo partido a disputar polo Decoraciones J. Bello Xiria, será a vindeira fin de semana na difícil pista do Lavadores vigués, equipo que se sitúa quinto na táboa clasificatoria xusto por encima do J.Bello Xiria cunha distancia de tres puntos e un encontro menos.